Decreto de Pesca Marítima de
Recreo en Galicia
CONSELLERÍA
DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA
I.DISPOSICIÓNS
XERAIS
Decreto 211/1999, do 17 de
xullo, polo que se regula a pesca marítima de recreo.
Ó amparo do disposto nos
artigos 148.1º.11 da Constitución e 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia,
e de acordo co previsto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre
traspaso de funcións e servicios do Estado en materia de agricultura, gandería
e pesca, a Comunidade Autónoma de Galicia está facultada para regula-las
actividades pesqueiras de carácter recreativo, recoñecendo os permisos de pesca
recreativa emitidos pola Administración do Estado e por outros entes
territoriais, respectando as normas internas da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Lei 6/1993, do 11 de maio,
de pesca de Galicia, establece que o seu obxecto é regular e ordenar todo tipo
de actividade pesqueira marítima, sen prexuízo das particularidades do réxime
de actividades pesqueiras de carácter recreativo, que disporá da súa propia
regulamentación específica.
Tendo en conta que esta
actividade se desenvolve no mesmo marco espacial cá a actividade pesqueira
profesional, é necesario que a regulación e ordenación normativa equilibre os
distintos intereses en xogo, preservando a riqueza piscícola das nosas augas e
promovendo o lexítimo esparexemento dos afeccionados á pesca recreativa que
tódalas administracións públicas deben fomentar polo seu interese deportivo e
cultural.
O desenvolvemento da citada
Lei de pesca nesta materia levouse a cabo a través do Decreto 429/1993, do 17
de decembro, e a Orde do 29 de marzo de 1996, normativa que se revisa neste
decreto con motivo de adapta-las actividades de pesca recreativa ós cambios
experimentados nestes últimos anos. O novo panorama da pesca recreativa está
protagonizado pola proliferación de embarcacións dedicadas a este tipo de
pesca, tanto para a captura de recursos pesqueiros para consumo propio como por
aquelas cunha finalidade comercial que reside en facilita-la recreativa a
terceiros, e pola necesidade cada pesca cada vez maior de incidir na
conservación dos recursos
pesqueiros como se vén insistindo na
recente normativa comunitaria,
estatal e autonómica.
Esta norma establece a
diferenciación entre a actividade de pesca recreativa e a de inmersión, tanto a
pulmón libre como a efectuada con equipos de respiración autónoma. Esta
diferenciación ten por finalidade erradicar unha tradicional confusión entre
ámbalas dúas actividades, así como tamén pola propia necesidade de protección
dos recursos pesqueiros.
O decreto estructúrase en
dezaoito artigos agrupados en tres capítulos, tres disposicións adicionais,
unha disposición transitoria e dúas disposicións derrogatorias. 0 capítulo I
contén as disposicións xerais sobre o ámbito de aplicación, as distintas
modalidades de pesca recreativa, as licencias para o seu exercicio e os
requisitos para ser titulares delas, as especies obxecto de captura e os seus
topes máximos, os útiles prohibidos e o réxime sancionador. Tendo en conta que
a actividade pesqueira está suxeita a relevantes cambios conxunturais, remítese
para O seu desenvolvemento posterior á regulamentación dos horarios e días hábiles de pesca.
Os capítulos II e III
regulan a práctica da pesca marítima de recreo en superficie e a submarina,
respectivamente, nos que se dispón os útiles de pesca, as distancias mínimas e
as necesidades de balizamento.
Por todo o exposto, por
proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, oído o Consello
Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na
súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove,
Capítulo
1
Disposicións
xerais
Artigo 1º.- Obxecto.
Este decreto ten por obxecto
establecer determinados límites ó exercicio da pesca marítima de recreo en
augas interiores da Comunidade Autónoma galega, co fin de protexe-los recursos
pesqueiros.
Artigo 2º.-
Definición.
Para os efectos deste
decreto, enténdese por pesca marítima de recreo aquela que se practica por
esparexemento ou deporte e sen ánimo de lucro, non podendo ser obxecto de venda
nin transacción as capturas obtidas, que terán que ser destinadas ó consumo
propio ou entregadas para fins benéficos.
Artigo 3º.-
Modalidades.
A pesca marítima de recreo
poderá ser en superficie, desde terra ou desde unha embarcación deportiva ou de
lecer, e submarina, nadando ou mergullando en apnea.
Artigo 4º.- Ámbito de
aplicación.
Este decreto é de aplicación
á pesca marítima de recreo que se practique en augas interiores da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 5º.- Licencias.
1.A práctica da pesca
marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, require a previa
obtención de licencia, que será expedida pola Consellería de pesca, Marisqueo e
Acuicultura despois da presentación da documentación que regulamentariamente se
estableza e o pagamento das taxas que legalmente correspondan.
2.A licencia ten carácter
persoal e intransferible e para a súa eficacia deberáselle xuntar calquera
documento que acredite a identidade do seu posuidor.
3.A licencia terá un período
de vixencia dun ano, contado desde a súa data de expedición, e poderá renovarse
antes do termo da súa vixencia.
4.Non obstante o disposto no
punto anterior, e co obxecto de fomenta-lo turismo relacionado coas actividades
de pesca recreativa, poderanse outorgar licencias temporais para o exercicio da
pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, por un período dun
mes, revalidables por un mes máis dentro do mesmo ano natural.
Artigo 6º.- Clases de licencias.
1.As licencias que habilitan
para a práctica da pesca marítima de recreo serán de dúas clases:
a) Licencia de pesca
marítima de recreo en superficie, que faculta para exerce-la pesca recreativa
desde terra ou desde unha embarcación da lista sétima do rexistro de matrícula.
b) Licencia de pesca de
recreo submarina, que faculta para exerce-la pesca recreativa nadando ou
mergullando en apnea.
2.Non obstante o sinalado no
punto 2º do artigo 5 e do 1 a) deste decreto, a Consellería de Pesca, Marisqueo
e Acuicultura poderá outorgar autorizacións temporais ó titular dunha
embarcación da lista sexta do rexistro de matrícula cando esta se empregue en
actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo.
3.Terán validez para o
exercicio da pesca de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma de
Galicia os permisos de pesca marítima recreativa outorgados pola Administración
xeral do Estado e polas administracións doutras comunidades autónomas, así como
as expedidas por outros estados membros da Unión Europea, os cales recoñecerá a
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Os seus titulares deberán
cumprir, en todo caso, as normas contidas neste decreto.
4.Non obstante o disposto no
parágrafo anterior, as licencias de pesca submarina deberán ser validadas polo
órgano competente en materia de pesca para que o seu titular poida exercer esa
modalidade en augas interiores de Galicia.
Artigo 7º-. Requisitos dos titulares.
1.Para ser titular dunha
licencia de pesca marítima de recreo en superficie é preciso ter unha idade mínima
de 16 anos. Os menores desta idade quedan exentos, debendo acreditar tal circunstancia documentalmente no momento que así llelo
requiran os membros do Servicio de Protección de Recursos.
2.Para ser titular dunha
licencia de pesca marítima de recreo submarina requírese ter cumpridos 16 anos
dispoñer dun certificado médico oficial que acredite a aptitude física
necesaria para a práctica normal desta actividade, ser titular dun seguro do
accidentes e de responsabilidade civil que cubra os incidentes en que puidese
incorre-lo titular da licencia durante o seu período de validez e estar en
posesión da licencia de armas ou tarxeta federativa que a substitúa, todo iso
sen prexuízo de cumpri-lo disposto no artigo 54.4º do Real decreto 137/1993 do
29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas, ou o que no futuro
poida modifica-lo ou substituílo.
3.Esta modalidade estará
suxeita ó cumprimento das normas de seguridade para o exercicio das actividades
subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de
1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou
substituíla.
Artigo 8º.- Concursos de pesca recreativa.
1.Os concursos, campionatos
e competición,, deportivas de pesca recreativa necesitarán a previa
autorización da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, que regulará en
cada caso as súas condicións. De tal autorización, de ser positiva, darase
comunicación ás confrarías do ámbito territorial onde se pretenda realiza-lo
concurso, campionato ou competición.
2.Os concursos, campionatos
e competicións deportivas de pesca recreativa estarán suxeitos ó cumprimento
das disposicións xerais contidas neste decreto. Non obstante, non estarán
sometidos ó tope máximo de capturas que nel se establecen, salvo que se
considere conveniente fixar un límite para preserva-los recursos pesqueiros
afectados.
Artigo 9º.- Especies.
A práctica da pesca marítima
de recreo só habilita para a captura de peixes e cefalópodos, excepto e polbo,
debendo en todo caso respecta-las épocas de extracción e tamaños
regulamentariamente establecidos.
Artigo 10º.-Topes de capturas.
1.En calquera modalidade de
pesca marítima de recreo poderase capturar un máximo de cinco quilogramos por
licencia e día, podendo non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a
tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.
2.Se a pesca recreativa se
realiza desde unha embarcación, o máximo de capturas por licencia e día é de
cinco quilogramos, cun tope máximo de dezaseis quilogramos por embarcación ó día se son máis de tres as persoas
embarcadas titulares de licencia.
3.Na pesca de grandes
peláxicos, túnidos e peixes espada ou especies afíns o tope máximo de capturas,
en vintecinco quilogramos por licencia
e día, cun tope máximo de cincuenta
quilogramos por embarcación e día se son dúas ou máis as persoas
embarcadas titulares de licencia.
4.As embarcacións non
poderán pescar, transportar nin efectuar descargas superiores ós topes máximos
de capturas sinalados nos puntos anteriores, aínda que se empregasen varios
días continuos de navegación. Artigo 11º.Útiles prohibidos. Queda expresamente
prohibido na práctica da pesca marítima de recreo:
a) O emprego de luces
artificiais de superficie ou somerxidas ou calquera outro medio que sirva de
atracción ou concentración artificial das especies que se vaian capturar.
b) O uso de calquera clase
de substancia velenosa, narcótica, explosiva ou contaminante.
c) A utilización, fondeo ou
calado de calquera tipo de artes ou aparellos. profesionais da pesca, así como
a súa tenza a bordo das embarcacións de lecer ou deportivas.
Artigo 12º.- Horario.
A práctica da pesca marítima
de recreo realizarase dentro do horario e nos días que regulamenta-riamente se
determine.
Artigo 13º.- Infraccións e sancións.
As infraccións das normas
contidas nesta disposición sancionaranse conforme a Lei 6/1991, do 15 de maio,
de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Capítulo
II
A
práctica da pesca marítima de recreo en superficie.
Artigo 14º.- Útiles de pesca.
A pesca marítima de recreo
en superficie, tanto desde terra como desde embarcación, poderase practicar
mediante o emprego de sedela ou aparellos de anzois, excluído o raño ou rastro,
sostidos pola man ou a cana; o seu número determinarase regulamentariamente.
Artigo 15º.- Distancias.
1.A pesca marítima de recreo
en superficie non se poderá practicar a menos de cen metros das praias cando
estean frecuentadas por bañistas.
2.As embarcacións,desde as
que se practique a pesca marítima de recreo manterán unha distancia mínima de
cen metros dos barcos pesqueiros que estivesen a faenar, así como das artes e
aparellos profesionais debidamente balizados.
3.En ningún caso, se poderá
impedir ou dificulta-las faenas de pesca profesional.
Capítulo
III
A
práctica da pesca marítima de recreo submarina
Artigo 16º.- Útiles de pesca.
1.Na práctica da pesca
submarina de recreo unicamente se empregarán arpóns, frechas ou fisgas
impulsadas pola man ou por medios mecánicos.
2.Queda expresamente
prohibido na práctica da pesca submarina o emprego de equipos autónomos ou
semiautónomos ou calquera outro sistema que permita a respiración en inmersión,
así como a utilización de artefactos hidrodeslizadores ou vehículos similares.
Artigo 17º.- Balizamento.
Durante a práctica da pesca
submarina, o mergullador deberá sinalizar en todo momento a súa posición
mediante unha boia de cor vermella, amarela ou laranxa, cunha bandeira da letra
A do Código Internacional de Sinais.
Artigo 18º.- Limitacións e distancias.
Prohíbese a práctica da pesca submarina de recreo
nos lugares seguintes:
a) A menos de douscentos
cincuenta metros das artes de pesca, fixas ou de deriva, e das embarca-cións
dedicadas a calquera clase de pesca profesional.
b) A menos de douscentos cincuenta metros das praias
cando estean frecuentadas por bañistas.
c) Nas zonas portuarias así como nas canles de
navegación.
d)Nas zonas do litoral prohibidas mediante orde da
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Disposicións
adicionais
Primeira.- A inmersión, tanto a pulmón libre coma con
equipos de respiración autónoma, poderase realizar libremente sen máis
limitacións que estar en posesión das titulacións correspondentes e das
autorizacións que, se é o caso, se esixan.
A súa práctica estará
suxeita ó cumprimento das normas de seguridade para o exercicio de actividades
subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de
1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou
substituíla.
Segunda.- A inmersión nas zonas
a que se refire o artigo 18 d) deste decreto estará suxeita á previa
autorización da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na forma que
regulamentariamente se determine.
Terceira.-
Durante a práctica da inmersión queda prohibida a captura de calquera ser vivo
do mar.
As licencias expedidas con
anterioridade á entrada en vigor deste decreto manterán a súa validez ata o
final do seu período de renovación.
Disposición derrogatoria
1.Quedan derrogadas
expresamente as seguintes disposicións:
a) O Decreto 429/1993, do 17
de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de actividades
pesqueiras de carácter recreativo.
b) A Orde do 29 de marzo de
1996 pola que se regula a expedición de licencias para practica-la pesca
marítima de lecer dentro das augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia
e se fixan as zonas do litoral onde se poderá practica-la pesca submarina.
2.Quedan derrogadas todas
aquelas disposicións de igual ou inferior rango en canto contradigan ou se
opoñan ó disposto neste decreto.
Disposicións
derradeiras
Primeira.-
Facúltase o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para que, no ámbito
da súa competencia, dicte as disposicións que sexan necesarias para o
desenvolvemento. e execución deste
decreto.
Segunda.-
Este decreto entrará en vigor un mes despois da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, dezasete de xullo de mil novecentos
noventa e nove.
Mércores,
21 de xullo de 1999 DIARIO OFICIAL DE GALICIA