Decreto
90/2002, do 28 de febreiro, poloque se regula a tenza de animais potencialmente
perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de
Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de
Adestradores Caninos.
Capítulo
I
Artigo
1º.-Obxecto.
1. É obxecto deste decreto o desenvolvemento daLei estatal 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, que regula a normativa aplicable á tenza de animais potencialmente perigosos e as accións e medidas necesarias co fin de garantila súa compatibilidade coa seguridade de persoas e bens e doutros animais, así como o desenvolvemento das previsións sobre tenza e posesión de animais perigosos contidas na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e no Decreto 153/1998, do 2 de abril, que a desenvolve.
2.
Este decreto non será de aplicación ós cans e animais pertencentes ás forzas
armadas, forzas e corpos de seguridade do estado, corpo de policía da
comunidade autónoma, policía local e empresas de seguridade con autorización
oficial.
3.
Este decreto aplicarase sen prexuízo do establecido na lexislación vixente en materia
de especies protexidas, de protección animal, de sanidade animal e de
transporte de animais.
Artigo
2º.-Definicións.
1.
Para os efectos deste decreto, enténdese por:
-Animais
potencialmente perigosos: considéranse animais potencialmente perigosos no
ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia todos aqueles que
pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición,
natu-reza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano
como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasiona la
morte, ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa
entidade ás cousas.
-Animal
de compañía: animais domésticos das especies canina e felina (Canis
familiaris e Feliscatus, respectivamente), así coma os animais de
especies que se críen, xeralmente no propio fogar, co obxecto de optar á súa
compaña.
-Marcaxe:
acto cirúrxico que consiste en implantar ou asignar a un animal un código de
identificación individual que o permita diferenciar doutro animal.
-Identificación:
dotar un animal dunha marca que o permita recoñecer e proba-la súa identidade.
-Identificación
definitiva: dotar un animal duna marca indeleble, fiable, estandarizada,
duradeira e practicamente inviolable, que permita recoñecer e proba la súa
identidade.
-Sistema
de identificación: medio que se utiliza para a marcaxe dun animal para os
efectos de poder recoñecelo e proba la súa identidade.
-Microchip
ou transponder: cápsula portadora dun dispositivo electrónico que contén
un código alfanumérico identificativo susceptible de ser lido mediante un
equipo lector específico.
2.
Entenderase por cans potencialmente perigosos aqueles nos que concorran
calquera das condicións seguintes:
a)
Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa
entidade a animais ou ás cousas.
b)
Cans que foran adestrados para a garda e defensa.
c)
Cans que polas súas características raciais pudiesen ser aptos para o
adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas
seguintes:
|
American Stafforshire Terrier, Pit Bull, Rottweiler, |
Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino |
Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, |
Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín |
Staffordshire Bull
Terrier, Tosa Inu, Akita Inu |
Tamén
serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces
destas razas entre sí ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía
similar a algunha das razas anteriormente descritas.
d)
Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante
adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será
apreciada pola autoridade competente, de oficio ou logo de notificación ou
denuncia e logo de informe dun adestrador ou veterinario designado
para
o efecto.
Artigo
3º.-Licencia.
1. A tenza
dos animais referidos no artigo anterior requirirá a obtención previa dunha
licencia administrativa outorgada polo concello correspondente,nos termos previstos
no artigo 3 da Lei 50/1999,do 23 de decembro.
2. Esta
licencia deberá ser renovada cada cinco anos, coa finalidade de comprobar que o
interesado segue a cumpri los requisitos que se lle esixiron para a súa
obtención.
3. Os donos dos animais potencialmente
perigosos subscribirán un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura
mínima de cento vintecinco mil euros (125.000 euros), que se renovará
anualmente, pola súa responsabilidade derivada dos danos que o animal poida
causar a terceiros, aínda que o animal fose cedido a outra persoa para o seu
coidado. A constitución do citado seguro será requisito indispensable e previo
para a identificación dos animaise inscrición no rexistro.
4.
A obtención da licencia para a tenza de animais salvaxes en catividade,
considerados como potencialmente perigosos, requirirá, ademais dos requisitos
especificados no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, a presentación
dunha memoria descritiva das instalacións e das medidas de seguridade
utilizadas para impedi la fuxida dos animais. A dita memoria deberá estar
subscrita por veterinarios, biólogos ou outros facultativos superiores ou
medios nos que nos seus plans de estudios quede acreditado o coñecemento ou
estudio de etoloxía animal.
Dos
rexistros
Artigo
4º.- Rexistro municipal.
1.
Os titulares da licencia municipal deberán inscribirse no Rexistro Municipal de
Animais Potencialmente Perigosos, que se establece con esta finalidade en
tódolos concellos, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da
licencia.
2.
Este rexistro contará, polo menos, cos seguintes datos:
-Datos
persoais do posuidor: nome, enderezo habitual, documento nacional de identidade
e teléfono de contacto.
-Características
do animal que fagan posible a súa identificación: idade, especie, raza,
características externas e número do microchip.
-Lugar
habitual de residencia do animal.
-Función/aptitude
do animal (compañía ou garda, defensa, caza).
3.
Os concellos remitirán os datos do rexistro municipal ó Rexistro Galego de
Identificación de Animaisde Compañía e tencialmente Perigosos, no prazo máximo
de 15 días, contados desde o momento da inscrición dun animal potencialmente
perigoso.
Artigo
5º.-Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais
Potencialmente Perigosos.
1.
Créase o Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais
Potencialmente Perigosos, dependente da Consellería de Medio Ambiente.
2.
O rexistro, informatizado, estará constituído por dúas seccións, a sección de
Rexistro de Identificación de Animais de Compañía, na que se incluirán tódolos
cans e a sección de Rexistro de Identificación de Animais Potencialmente
Perigosos, no que se incluirán os cans potencialmente perigosos, os animais salvaxes
en catividade considerados potencialmente perigosos, así como aqueloutros que a
Consellería de Medio Ambiente poida determinar no futuro en atención ás
circunstancias e coñecementos
sobrevidos.
3.
Este rexistro poderá ser consultado por tódalas administracións públicas e
autoridades competentes, así como por aquelas persoas físicas ou xurídicas que
acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos que constan nel. En
todo caso, o uso e
tratamento
dos datos contidos no rexistro será acorde co disposto na Lei orgánica 15/1999,
de protección de datos persoais.
4. Os
propietarios dos animais serán os responsables de identifica los animais e de
sufraga los gastos que isto ocasione, independentemente do lugar de residencia
das ditas persoas. A identificación definitiva suporá un requisito previo e
obrigatorio
para realizar
calquera transacción do animal.
5. Neste
rexistro constará a seguinte informaciónde carácter obrigatorio:
-Código
identificador do animal.
-Zona de
aplicación.
-Especie.
-Raza. En
cruzamento de primeira xeración especificaranse as razas de procedencia.
-Sexo.
-Descrición
da capa.
-Data do nacemento do animal.
-Enderezo
habitual do animal.
-Outros
signos identificatorios non definitivos (tales como unha tatuaxe ou un número
de chapa se o animal foi censado nun censo municipal anteriormente).
-Especificación
de se o animal está destinado a convivir cos seres humanos ou se finalidades
distintas como a garda, defensa ou outra que se indique.
-Nome e
apelidos do propietario do animal.
-Enderezo do
propietario do animal.
-Teléfonos de
contacto do propietario do animal.
-DNI do
propietario do animal.
-Nome,
enderezo, número de colexiado e número de veterinario colaborador que realiza a
marcaxe.
-Data na que
se realiza a implantación da identificación e a entrega do documento ó
propietario.
-Data de alta
no rexistro.
6.
Na Sección de Identificación de Animais Potencialmente Perigosos constará,
ademais, a seguinte información:
-Certificado
sanitario, expedido por un veterinario, que acredite con periodicidade anual, a
situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que
o poidan facer potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o
animal
carece
de lesións ou cicatrices que puideran estarrelacionadas coa utilización do
animal en pelexas
ou
outras actividades prohibidas.
-Cartilla
sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da
especie e idade. Na cartilla sanitaria figurará a catalogación de animal
potencialmente perigoso.
-Copia
da licencia municipal de tenza de animais potencialmente perigosos, a nome do
propietario.Acompañarase de copia da póliza que xustifique ter formalizado o
seguro de responsabilidade civil.-Datos do centro de adestramento, de selo
caso.
-Incidentes
de agresións, de selo caso.
Artigo
6º.-Rexistro Galego de Adestradores Caninos.
1.
Créase o Rexistro Galego de Adestradores Caninos, dependente da Consellería de
Medio Ambiente da Xunta de Galicia e no que se inscribirán todas aquelas
persoas que estean en posesión do certificado de capacitación habilitante para
o adestramento.
2.
As solicitudes de inscrición neste rexistro presentaranse, conforme o modelo do
anexo I, nas delegacións provinciais da Consellería de MedioAmbiente ou en
calquera dos órganos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común e acompañaranse da seguinte documentación acreditativa:
-Copia autenticada
do certificado de capacitación para o adestramento.
-Fotocopia
autenticada do DNI.
-Número ou
código de identificación fiscal.
-Enderezo e
teléfono, para os efectos de notificacións.
3.
Estas solicitudes resolveraas o director xeral de Conservación da Natureza no
prazo máximo de tres meses; de non recaer resolución no dito prazo entenderanse
estimadas.
4.
Os adestradores están obrigados a comunicar, conforme o modelo do anexo II,
todas aquelas circunstancias que poidan afectalos datos que figuran no
rexistro, no prazo de 3 meses desde que estas se produzan.
5.
Producirase a cancelación da inscrición norexistro por petición do propio
adestrador, conforme o modelo do anexo III, ou por incumprimento das obrigas
establecidas neste decreto, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, ou na Lei
1/1993, do 13 de
abril
e demais disposicións que as desenvolven.
Artigo
7º.-Comunicacións ó Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e
Potencialmente Perigosos.
1.
Os veterinarios que prestaran asistencia sanitaria a un animal sospeitoso de
ser utilizado en pelexas, ou que observaran que o animal presenta cicatrices ou
lesións relacionadas con esta prácticaou outras actividades prohibidas, deberán
poñerse en contacto inmediatamente co Rexistro Galego de Identificación de
Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos, achegando os datos
correspondentes do animal e do seu propietario.
2. Os incidentes producidos
por animais poten cialmente perigosos ó longo da súa vida, coñecidos polas
autoridades dministrativas ou xudiciais (fundamentalmente centros de saúde,
hospitais, centros públicos e comisarías) faranse constar na folla rexistral de
cada animal, que se cancelará coa súa morte, certificada polo veterinario ou
autoridade competente.
3. Os propietarios de animais
potencialmente perigosos deberán comunicar ó rexistro a realización da
castración ou esterilización do animal, se esta se producise, para o que
remitirán copia da certificación veterinaria correspondente que acredite este
feito.
4. O traslado dun animal
potencialmente perigoso doutra Comunidade Autónoma á Comunidade Autónoma de
Galicia, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, obrigará
o seu propietario a efectua la inscrición oportuna no Rexistro Galego de
Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.
5.
As autoridades responsables do rexistro notificarán de inmediato ás autoridades
administrativas ou xudiciais competentes calquera incidencia que conste no
Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente
Perigosos para a súa valoración e, de selo caso, adopción de medidas cautelares
e preventivas.
6. O propietario dun animal
potencialmente perigoso deberá comunicar, conforme o modelo do anexo IV,
calquera variación dos datos do rexistro, no prazo de 15 días desde que se
producise a modificación que proceda rexistrar, excepto nos incidentes de
agresión, nos que a comunicación será inmediata.
7. As autoridades sanitarias
e os veterinarios que coñezan a existencia dunha mordedura ou agresión
provocada por un animal potencialmente perigoso comunicaranllo ó Rexistro
Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.
Artigo
8º.-Obriga de identificación.
1. Os propietarios, criadores
ou tedores dos animais ós que se refire este decreto terán a obriga de
identifica los animais cun microchip nos seus tres primeiros meses de vida ou
nun mes despois da súa adquisición.
2. A
identificación dos animais da especie canina, coa debida garantía, é
obrigatoria sen excepcións.
3.
Os posuidores dos animais obxecto deste decreto estarán obrigados a achega la
documentación acreditativa da obtención da licencia e a información prevista no
parágrafo 6 do artigo 5º deste decreto ó veterinario actuante, para a súa
inscrición neste rexistro.
Artigo
9º.-Sistema de identificación.
1. A
identificación consistirá na implantación dun microchip ou transponder portador
dun código alfanumérico de número de díxitos tal que sexa único para cada
animal.
2. A marcaxe
dos animais realizarase obrigatoriamente por un transponder que se
adapte ó establecido no punto 3 deste artigo.
3. Os transponders
deberán reuni las seguintes características:
a) Deberán
estar programados cun código alfanumérico único que en ningún caso poida ser
susceptible de ser modificado.
b) A
estructura do código alfanumérico que incorporen deberá cumprir co establecido
na norma ISO 11.784.
c) O sistema
de intercambio de enerxía entre o dispositivo e o lector deberá cumprir co
establecido na norma ISO 11.785.
d) O tamaño
será inferior a 12 milímetros de longo e 2,5 milímetros de ancho.
e) Estarán
dotados dun sistema antimigratorio e o seu recubrimento deberá ser
biocompatible.
f) Presentaranse individual e
convenientemente esterilizados en envase que conteña a agulla e o inxector, e
incluirá un mínimo de tres etiquetas co código de barras que conteña o código
alfanumérico.
Artigo
10º.-Procedemento de identificación.
1. A implantación no animal
do código establecido será efectuada por un veterinario, nomeado para o efecto
pola Consellería de Medio Ambiente. Os veterinarios non oficiais que desexen
participar no proceso de identificación de animais de compañía da Comunidade
Autónoma galega deberán solicitalo, conforme o modelo do anexo V, á Dirección
Xeral de Conservación da Natureza acreditando que cumpren, polo menos, os
seguintes requisitos:
a) Que están
inscritos no Colexio Oficial de Veterinarios.
b) Que estean
dados de alta para o exercicio libre da profesión.
c)
Que posúan un lector de transponders compatible con tódalas tecnoloxías
e polo tanto capaz de permitila lectura de tódolos sistemas homologados.
2. Se a documentación é
correcta, o director xeral de Conservación da Natureza resolverá nun prazo
máximo de tres meses. De non recaer resolución no dito prazo, entenderase
estimada a solicitude. O recoñecemento como veterinario actuante reno-varase ós
cinco anos da súa obtención. A perda desta condición terá lugar por renuncia
voluntaria ou por incumprimento das obrigas establecidas nesta disposición, ou
no resto das disposicións da lexislación vixente sobre protección animalen
Galicia, logo de expediente no que se dará audiencia ó interesado e que
resolverá o director xeral de Conservación da Natureza.
3.
No momento da identificación do animal, o veterinario actuante cubrirá un
impreso oficial de identificación, por triplicado exemplar, achegado pola
Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente,
no que constará a información esixida nos parágrafos 5º e 6º do artigo
5º
deste decreto. O propietario do animal identificado deberá recibir do
veterinario actuante un exemplar do impreso oficial no que figurará necesariamente
o código asignado e implantado no animal.O veterinario actuante conservará no
seu poder outro exemplar do impreso. O terceiro exemplar deberá ser remitido
polo veterinario ó Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e
Potencialmente
Perigosos nun prazo máximo de 15 días despois de efectua la identificación.
4.
O animal deberá ser identificado en presencia do seu propietario, figurando os
seus datos e a súa sinatura no impreso oficial de identificación. Os
responsablesdo rexistro, despois de recibi la documentación remitida polo
veterinario, procederán aprocesa los datos e enviarán ó propietario do animal o
documento acreditativo da identificación.
Artigo
11º.-Obrigas dos posuidores en materia hixiénico sanitaria.
1.Os
propietarios, criadores ou tedores deberán mante los animais que estean baixo a
súa custodia en axeitadas condicións hixiénico sanitarias e cos coidados e
atencións necesarios de acordo coas necesidades fisiolóxicas e características
propias da especie ou raza do animal, en cumprimento da Lei 1/1993, do 13 de
abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e do
Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que
desenvolve a Lei 1/1993, do 13de abril, en concreto nos seus capítulos IV, VII
e X.
2. O propietario, tedor ou
criador dun animal que agreda a persoas ou a outros animais causándolles
feridas de mordedura, será responsable de que o animal sexa sometido a
recoñecemento dun veterinario en exercicio libre da profesión, en dúas ocasións
dentro dos 15 días seguintes á agresión. Neste recoñecemento o veterinario
responsable emitirá un certificado no que conste se o animal presenta ou non
síntomas de enfermidade infectocontaxiosa.
Artigo
12º.-Obrigas dos posuidores en materia de seguridade cidadá.
1.
Os propietarios, criadores ou tedores de animais potencialmente perigosos terán
a obriga de cumprir tódalas normas de seguridade cidadá, establecidas na
lexislación vixente e na lexislación sobre protección animal de Galicia, de
xeito que garantan a óptima convivencia destes animais cos seres humanos e se
eviten molestias á poboación.
2. As instalacións destinadas
a albergar animais potencialmente perigosos pertencentes á fauna silvestre
alóctona ou exótica precisarán cumpri las medidas de seguridade que eviten a
fuxida destes animais. Tódalas instalacións destinadas a albergar animais
potencialmente perigosos deberán reunir como mínimo as seguintes medidas de
seguridade:
a) As paredes e valados serán
suficientemente altos e consistentes e deberán estar fixadas co fin de soporta
lo peso e a presión do animal, evitando as fuxidas.
b) As portas
das instalacións deben ser resistentes,a estar deseñadas para evitar que os
animais poidan abri los mecanismos de seguridade, sen producirlles danos.
c) O recinto
estará sinalizado coa advertencia de que se atopa no interior un animal
potencialmente perigoso.
3. As
instalacións nas que se alberguen animais potencialmente perigosos deberán
reuni-las condicións establecidas na normativa sobre protección animal en
Galicia, tendo en conta as especificacións técnicas correspondentes a cada
especie.
4. Os concellos, no ámbito da
súa competencia, poderán regula las condicións en que se autorice a circulación
e estadía dos animais potencialmente perigosos en rúas, parques e vías
públicas, podendo determinar, por razóns de seguridade e orde pública, as zonas
en que se prohiba á súa estadía e cir-culación.
5.
En todo caso, os cans obxecto desta regulación terán que circular, nas vías
públicas e nos lugares e espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou
correa non extensible de lonxitude non superior a dous metros, provistos do
correspondente buceiro
homologado
e axeitado para a súa raza, e en ningún caso poderán ser conducidos por un
menor de dezaseis anos.
Artigo
13º.-Excepcións.
1.
Cando as circunstancias así o aconsellen, poderanse establecer excepcións ó
cumprimento de determinadas obrigas dos propietarios nos casos de:
a) Organismos
públicos ou privados que utilicen estes animais cunha función social.
b)
Explotacións agrarias que utilicen cans de garda, defensa e manexo de gando,
así como actividades de carácter cinexético.
c) Probas de traballo e
deportivas con fins á selección dos exemplares que participan nelas e que están
autorizadas e supervisadas pola autoridade competente, con exclusión dos
exercicios para pelexas e ataque, segundo o disposto neste decreto.
2.
O director xeral de Conservación da Natureza poderá establecer excepcións
mediante resolución motivada, trala solicitude e xustificación do interesado e
logo de informe dun adestrador ou veterinario, sempre que queda garantida a
seguridade cidadá e o benestar animal.
Capítulo
IV
Do
adestramento
Artigo
14º.-Certificado de capacitación para o adestramento.
1.
O adestramento para garda e defensa deberase efectuar por adestradores que
estean en posesión dun certificado de capacitación expedido ou homologado pola
Consellería de Medio Ambiente.
2.
Os solicitantes presentarán a súa solicitude conforme o modelo que figura no
anexo VI e deberán acreditar que reúnen, alomenos, os seguintes requisitos:
a)
Ser maior de idade e non estar incapacitado física nin psiquicamente, o que se
acreditará mediante certificado médico e sicolóxico.
b)
Falta de antecedentes penais por delictos de homicidio, lesións, torturas,
contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde
pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como ausencia
de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de
tenza de animais potencialmente perigosos, o que se acreditará mediante o
certificado negativo correspondente.
c)
Ensino específico que comprenda, como mínimo, as materias incluídas no programa
do anexo VII deste decreto, recibido en centros que se homologuen de
conformidade co disposto no artigo 16º.
d)
Antecedentes e experiencia acreditada durante un mínimo de 5 anos. Deberá
achegarse o vitae vitae, que será valorado por persoal da Consellería de Medio
Ambiente, que poderá contar co asesoramento de expertos.
e)
Finalidade da tenza destes animais.
f)
Dispoñibilidade de instalacións e aloxamentos axeitados desde o punto de vista
hixiénicosanitario, de protección animal e de seguridade cidadá, de se lo caso,
e que reúnan as condicións sinaladas no artigo 15º.
g)
Compromiso de cumprimento de normas de manexo e de comunicación de datos.
3.
Tralo exame da documentación acreditativa dos requisitos e, de se lo caso,
emenda, os solicitantes deberán someterse a unha proba que será avaliada por
unha comisión nomeada para os efectos polo director xeral de Conservación da
Natureza. A proba versará sobre os contidos do programa que figura no anexo VII
e terá por obxecto comproba los coñecementos teóricos e prácticos dos
solicitantes. A súa superación será requisito previo e indispensable para a
expedición do certificado de capacitación.
4.
Consonte o resultado das probas o director xeral de Conservación da Natureza
expedirá o certificado de capacitación para o adestramento.
5.
Os adestradores en posesión do certificado de capacitación deberán comunicar
trimestralmente ó Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e
Potencialmente Peligrosos a relación nominal de clientes que fixeron adestrar
un animal potencialmente perigoso, con determinación da identificación deste,
debendo anotarse esta circunstancia no rexistro, na folla rexistral
correspondente ó animal e indicando o tipo de adestramento recibido.
Artigo
15º.-Centros de adestramento.
1. Os centros de
adestramento deberán estar rexistrados no Rexistro de Establecementos, segundo
o artigo 33 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o
regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de
animais domésticos e salvaxes en catividade.
2. Os establecementos nos que se realicen tarefas de adestramento de animais deberán colocar, nun lugar visible da entrada, unha placa dun tamaño mínimo de 30×20 cm, na que conste o nome e o número de inscrición do adestrador no Rexistro Galego de Adestradores Caninos e o número de inscrición do establecemento no Rexistro de Establecementos de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.
3. Os establecementos rexistrados no Rexistro de Establecementos de Animais Domésticos e Salvases en Catividade de Galicia dedicados ó adestramento deberán anotar no libro de rexistro os seguintes datos dos criadores, adquirentes ou propietarios:
-Nome, apelidos ou razón
social.
-NIF ou CIF.
-Enderezo e teléfono de
contacto.
-Número de rexistro do
establecemento de orixe
do animal (se procede dun
criadeiro).
-Raza, idade e sexo do
animal.
-Código de identificación
dos animais (microchip
ou tatuaxe).
-Número de licencia
municipal dos posuidores.
Artigo
16º.-Homologación de centros dedicados ó ensino para o adestramento.
1. A homologación oficial de centros dedicadosó ensino para o adestramento de animais potencialmente perigosos levarase a cabo en función dos vitae vitae dos profesores do centro, en función do temario teórico e práctico impartido que terá o contido mínimo do programa que figura no anexo VII e en función das instalacións dispoñibles para o adestramento, que deberán estar rexistradas no Rexistro de Establecementos de Animais Domésticose Salvaxes en Catividade de Galicia, segundo o especificado no Decreto 153/1998, do 2 de abril.
2. Os
centros que desexen ser homologados deberán presentar unha solicitude, conforme
o modelo do anexo VIII, dirixida ó conselleiro de Medio Ambiente, para os
efectos da súa aprobación, coa documentación sinalada no parágrafo anterior.
3. Para os efectos previstos no parágrafo anterior, de non recaer resolución nun prazo de seis meses desde a formulación da solicitude, esta entenderase estimada, conforme o disposto no artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Capítulo
V
Dos
cans abandonados ou vagabundos
Artigo
17º.-Cans potencialmente perigosos abandonados ou vagabundos.
1. Corresponde ás administracións locais a recollida de animais abandonados ou vagabundos nos seus respectivos termos municipais, conforme o establecido no artigo 11.1º da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvases en catividade e no artigo 54 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril.
2. Os animais serán recollidos e albergados en centros de recollida de animais vagabundos ou abandonados que estean inscritos no Rexistro de Establecementosde Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia e que cumpran coas especificacións descritas na Lei 1/1993, do 13 de abril, e no Decreto 153/1998, do 2 de abril. As instalacións destinadas a albergar cans potencialmente perigosos deberán reuni-las medidas de seguridade necesarias para evita-las fuxidas sen producir danos ós animais.
3. Os
prazos de estadía previstos serán os que se dan para tódolos individuos da
especie canina e que veñen reflectidos nos artigos 53, 57 e 58 do Decreto
153/1998, do 2 de abril.
4. Estes
animais poderán ser cedidos en adopción sempre e cando superen as probas de
socialización que demostren que o animal non é perigoso para a seguridades das
persoas, para outros animais e que non van producir danos ás cousas, sen
prexuízo
do
cumprimento das obrigas contidas neste decreto.
Capítulo VI
1. Consonte o establecido na Lei 50/1999, do 23 de decembro, a esterilización dos animais potencialmente perigosos, amais de poderse facer por vontade dos seus propietarios, realizarase obrigatoriamente por mandato xudicial ou resolución administrativa nos supostos de reiteradas agresións ás persoas ou danos a outros animais ou ás cousas.
2.
Corresponderalles ós delegados provinciais da Consellería de Medio Ambiente a
facultade de acorda la esterilización, no suposto de reiteradas agresións ás
persoas ou danos a outros animais ou ás cousas, logo do procedemento
contradictorio iniciado de oficio ou por solictude de persoa interesada, no que
será preciso que conste informe médico (no caso de agresións a persoas) ou
informe veterinario (no caso de agresións ós animais) e a audiencia ó
propietario do animal. Dictada resolución, procederase á esterilización polo
veterinario designado para o efecto, que deberá comunicala ós rexistros
municipal e autonómico, para a inscrición do acto cirúrxico na folla de
identificación. Os gastos xerados correrán por conta do propietario.
3. A
esterilización realizarase aplicándolle anestesia ó animal coa finalidade de
garantir que non se lle cause dor ou sufrimento innecesario.
Capítulo
VII
Das
infraccións e sancións
Artigo
19º.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións rexerá o disposto na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.
Artigo
20º.-Procedemento sancionador.
1. O procedemento sancionador axustarase ós principios da potestade sancionadora regulados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aprobao Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.
2. A
instrucción dos expedientes sancionadores por infraccións á regulación
establecida neste decreto corresponderá ós órganos que teñan atribuída a
competencia consonte o establecido no artigo 69 do Decreto 153/1998, do 2 de
abril.
3. Os órganos competentes
para sancionar, de acordo cos artigos 24.2º da Lei 1/1993, do 13 de abril,
serán:
a) Por infraccións leves, o
alcalde do concello ondese produza a infracción.
b) Por infraccións graves,
o director xeral de Conservaciónda Natureza da Consellería de Medio
Ambiente.
c) Por infraccións moi
graves, o conselleiro deMedio Ambiente.
4. Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, a Administración local ou autonómica poderán proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación do procedemento sancionador.
Primeira.-Tódalas instalacións dedicadas a albergar animais potencialmente perigosos deberán cumprir coas obrigas e previsións contidas nos artigos 11º e 12º deste decreto no prazo dun ano, contado desde a súa entrada en vigor.
Segunda.-Os titulares ou posuidores de animais obxecto de regulación neste decreto deberán proceder á súa identificación con microchip no prazo dun ano a partir da súa entrada en vigor.
Terceira.-Mentres non se proceda á homologación de centros dedicados ó ensino para o adestramento, non será esixible para a obtención do certificado de capacitación o requisito que se establece na letra c) do parágrafo 2 do artigo 14º deste decreto.
Cuarta.-Unha vez que sexan homologados os centros dedicados ó ensino para o adestramento, os solicitantes do certificado de capacitación para o adestramento non terán que acredita-lo requisito previsto na letra d) parágrafo 2 do artigo 14º deste decreto.
Primeira.-Esta disposición aplicarase sen prexuízo das competencias das corporacións locais sobre a materia e do establecido na lexislación vixente sobre especies protexidas e protección de datos.
Segunda.-Este
decreto entrará en vigor ós tres meses seguintes ó día da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Santiago
de Compostela, 28 de febreiro de 2002.