Regulamento da Pesca Fluvial
I.
DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA
DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES
Decreto 130/1997, do 14 de
maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos
ecosistemas acuáticos continentais.
A pesca fluvial e lacustre é
materia da competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega segundo
atribución feita polo artigo 27.15º do Estatuto de Autonomía para Galicia,
aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, en relación co artigo 148.1.11º
da Constitución, sendo regulada pola Lei de Galicia 7/1992, do 24 de xullo, de
pesca fluvial, cunha remisión normativa, tanto xeral como concreta para algúns
puntos de determinadas materias, para o seu desenvolvemento regulamentario, que
constitúe a fundamentación e determina a necesidade do presente regulamento.
A devandita Lei 7/1992
supuxo para a actividade da pesca continental, o seu fomento e a propia
protección e conservación dos ecosistemas fluviais, un enfoque innovador con
respecto á lexislación anterior, que pode resumirse a grandes riscos, en tres
apartados diferenciados:
- Co obxecto de fomenta-la
pesca e as actividades económicas con ela relacionadas, particularmente o
turismo, a lei abre a posibilidade de outorgar concesións de aproveitamentos
piscícolas e lotes de permisos a empresas turísticas.
- No eido do fomento e da
ordenación dos recursos, cómpre destaca-lo importante papel que a lei atribúe
ós coñecementos, científico-técnicos, que deben de quedar reflectidos na
práctica mediante a elaboración de planos técnicos de ordenación dos
aproveitamentos piscícolas. No mesmo eido da ordenación, establécese unha serie
de restriccións ó aproveitamento piscícola e introdúcense os principios da
regulación das pesqueiras profesionais, todo isto baixo o espírito do
aproveitamento sostible. - Co obxectivo de garantir unha efectiva protección
dos ecosistemas fluviais, compatible cos diversos usos dos recursos hídricos e
respectuoso coas competencias doutras administracións, a Lei de pesca fluvial
introduce conceptos coma o caudal ecolóxico, a alteración da condición natural
das augas, os dispositivos de interdicción da fauna ou as masas de auga de
especial interese para a riqueza piscícola.
Todos estes aspectos
innovadores e de incuestionable carácter técnico que se atopan incluídos de
xeito inequívoco na Lei de pesca fluvial, precisan dun desenvolvemento
regulamentario que, desde un punto de vista técnico, afonde naquelas cuestións
nas que a Lei tan só introduce os principios xerais.
Na súa virtude, no uso das
atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta
e do seu presidente e por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e
Montes, oído o Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do
Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de maio de mil
novecentos noventa e sete.
DISPOÑO
Artigo único.
Apróbase o Regulamento de
ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, que
figura como anexo ó presente decreto.
Disposicións
derradeiras
Primeira.-
Autorízase a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dictar cantas
disposicións sexan necesarias para a aplicación do regulamento.
Segunda.-
Autorízase a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para modificar ou
actualiza-los anexos NI, IV, V e VI do regulamento.
Terceira.- O
presente decreto entrará en vigor ós tres meses da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, catorce de maio de mil novecentos
noventa e sete.
ANEXO
REGULAMENTO
DE ORDENACIÓN DA PESCA FLUVIAL E DOS ECOSISTEMAS ACUÁTICOS CONTINENTAIS
TÍTULO
I
Obxecto do regulamento
Artigo 1º.- Obxecto do regulamento.
O presente regulamento ten
por obxecto o desenvolvemento e aplicación da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de
pesca fluvial, para a conservación, o fomento e o ordenado aproveitamento das
poboacións piscícolas e doutros seres vivos que habiten ou poidan habitar, de
xeito permanente ou estacional, nas augas continentais, así como os leitos, as
marxes ou as ribeiras, tendo en conta as relacións ecolóxicas entre os seres
vivos e o medio.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación.
1.Para os efectos deste
regulamento, considérense augas continentais.
a)Tódalas augas
superficiais, correntes ou estancadas, continuas ou discontinuas, doces,
salobres, ou salgadas, de titularidade pública ou privada, tanto de orixe
natural, incluíndo ríos, arroios, regatos, lagoas e marismas, como de orixe artificial incluíndo encoros, pantanos,
canles e presas.
b) As zonas de desembocadura
no mar comprendida entre o límite superior das augas salobres e liñas que se
relacionan no anexo I deste regulamento e aqueloutras nas que polo seu interese
en especies piscícolas continentais, anádromas ou catádromas, permanentes ou
estacionais, cumpra establecer medidas para a conservación, a protección e o
fomento destas especies.
2.A captura de especies
piscícolas nas zonas de desembocadura regularase polo disposto na Lei de pesca
fluvial e no presente regulamento. No referente ó marisqueo e á acuicultura
nestas mesmas zonas, observarase o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de
pesca de Galicia.
3.En tódalas augas
interiores da Comunidade Autónoma de Galicia, e no que afecte as especies
anádromas e catádromas, estableceranse os medios axeitados de colaboración
entre distintas consellerías para o cumprimento do presente regulamento.
4.Para os efectos de
interpretación deste regulamento, defínense os termos que aparecen recollidos
no anexo II.
TÍTULO
II
Aproveitamentos
CAPÍTULO
I
Licencias,
réximes especies e permisos
Artigo3º.-
Dereito de pesca.
O dereito de pescar
correspóndelles a tódalas persoas, sen máis limitacións cás contidas na Lei de
pesca fluvial, na Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais
e da flora e fauna silvestres, no presente regulamento e as derivadas da
conservación e do fomento da riqueza piscícola
Artigo 4º.- Licencias.
1.Para poder pescar nas
augas continentais galegas é imprescindible estar en posesión dunha licencia de
pesca fluvial, que terá carácter persoal e intransferible.
2.Para a obtención e a
renovación da licencia deberase acredita-la identidade do solicitante, sexa
maior ou menor de idade, e aboa-la taxa correspondente.
3.Para practica-la pesca do
salmón e do reo, así como para pescar desde embarcacións ou artefactos
boiantes, ademais da taxa correspondente á licencia de que se trate, deberanse
aboa-las recargas específicas que legalmente se establezan.
Artigo 50.-
Clasificación das licencias.
As licencias clasificaranse
do seguinte xeito:
a) Clase A: válida para
españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, maiores
de 18 anos e menores de 65.
b) Clase A-1: iguais
características cá clase A pero cun período de validez de quince días.
c) Clase B: válida para
estranxeiros non residentes e cidadáns de países non pertencentes á Unión
Europea.
d) Clase B-I: iguais
características cá clase B pero cun período de validez de quince días.
e) Clase C: válida para
españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, menores
de 18 anos ou maiores de 65.
f) Clase C-I: iguais
características cá clase C pero cun período de validez de quince días.
g) Clase D: licencia
profesional para a pesca de anguía, angula, lamprea e especies de esteiro.
h) Clase E: licencia
especial para embarcacións e artefactos boiantes que se empreguen no exercicio
da pesca.
Artigo 6º.- Expedición
das licencias.
1. Os servicios provinciais
de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes
serán os encargados da expedición das licencias, sen prexuízo dos sistemas que
poidan arbitrarse para a súa recepción polos interesados. Con carácter xeral, o
seu período de validez será dun ano, contado desde a data de expedición.
2. En cada licencia
figurarán, ademais da clase e o número e das datas de expedición e caducidade,
os seguintes datos do titular nome, apelidos, domicilio, número de DNI ou
equivalente, idade e nacionalidade. Así mesmo, faranse consta-las recargas que,
de se-lo caso, faculten o titular para a práctica daquelas modalidades de pesca
que os requiran. No caso dos menores de idade, incluiranse tamén os datos do
pai ou titor e unha fotografía. Nas licencias de clase D farase consta-la
especie ou especies autorizadas e, de se-lo caso, as masas de auga nas que se
pode practica-la pesca.
3. Para obter unha licencia
por primeira vez deberanse supera-las probas que a Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes estableza para o exame do pescador, nas que se deberán
acreditar coñecementos suficientes dos seguintes temas:
a) Bioloxía e ecoloxía das
especies máis características dos ríos galegos.
b) Identificación de
especies. c) Normativa legal que regula o aproveitamento dos recursos
piscícolas.
d) Protección, mellora e
conservación do medio acuático. A superación das devanditas probas dará lugar á
obtención do certificado de aptitude correspondente.
4. Poderán quedar exentos de
realiza-lo exame do pescador aqueles solicitantes de licencia que superasen
unhas probas semellantes noutra comunidade autónoma. Quedan exentos de
realizalo devandito exame os estranxeiros non residentes que soliciten unha
licencia quincenal e que estean en posesión no seu país dun título ou licencia
equivalente. 5. A licencia perderá a súa validez nos casos de inhabilitación
por sanción firme, quedando o titular obrigado a entregala, nun prazo dun mes,
no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural onde fose expedida. Unha vez
transcorrido o período de inhabilitación, deberanse superar novamente as probas
do exame do pescador antes da obtención dunha nova licencia.
5. Os requisitos para a
obtención da licencia da clase D determinaranse nunha regulación específica da
pesca profesional en augas continentais.
Artigo 7º.- Permisos
1.Cando o tramo no que se
desexe pescar se atope acoutado ou sometido a un réxime especial de pesca,
ademais da licencia, requirirase estar en posesión do oportuno permiso para
pescar.
2. Para a obtención dun
permiso será necesario aboa-lo importe do prezo público correspondente.
3.Cada permiso será válido
unicamente para un determinado couto ou tramo e para un só día de pesca, e unha
vez obtido terá carácter persoal e intransferible. O permiso só faculta para
pesca-las especies para as que fose expedido e coas modalidades que nel se
especifiquen, e leva consigo a aceptación de tódalas normas específicas do
couto ou tramo no que se pesque. O incumprimento do anterior levará consigo a
rescisión do permiso.
Artigo 8º.-
Clasificación dos permisos.
Establécese a seguinte
clasificación dos permisos de pesca:
a) Permiso de primeira
categoría: válido para a pesca do salmón e demais especies.
b) Permiso de segunda
categoría: válido para a pesca do reo e demais especies, agás salmón.
c) Permiso de terceira
categoría: válido para a pesca da troita e demais especies, agás salmón e reo.
d) Permiso de cuarta
categoría: válido para a pesca de ciprínidos e demais especies, agás
salmónidos.
e) Permiso de quinta
categoría: serán aqueles que a Administración poña á disposición dos
concesionarios de aproveitamentos piscícolas para a súa venda ou distribución.
f) Permiso de pesca sen
morte: válido para a práctica da pesca nos coutos de pesca sen morte.
g) Permiso de pesca
intensiva: válido para a práctica da pesca nos coutos de pesca intensiva.
intensiva.
Artigo 9º.- Expedición
dos permisos.
1. Os permisos de pesca
serán expedidos polos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural da
Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
2. Nos permisos constará,
ademais da categoría ou modalidade de pesca, o nome e o número da licencia de
pesca do titular, o nome do couto ou do tramo, a data para a que se expide o
permiso e o número deste.
3. Nos tramos comparados con
outras comunidades autónomas, a expedición de permisos axustarase ós acordos
que se establezan entre ámbalas dúas comunidades.
4. Nos tramos internacionais
dos ríos das concas do Miño, Limia e Douro, a expedición de permisos axustarase
ós acordos internacionais establecidos para o efecto.
CAPÍTULO
II
Clasificación
das augas continentais
Artigo 10º.- Clasificación das augas continentais.
Para os efectos do presente
regulamento, as augas continentais clasificaranse en masas de auga de
aproveitamento piscícola común, acoutados, masas de auga en réxime da concesión
e masas de auga de especial interese para a riqueza piscícola.
Artigo 11º.- As masas de auga de aproveitamento
piscícola común.
Serán masas de auga de
aproveitamento piscícola común aquelas augas continentais non incluídas en
ningún dos artigos seguintes e nas que o exercicio da pesca en cada temporada
estea regulado pola normativa de carácter xeral.
Artigo 12º.- Os acoutados.
Denominaranse acoutados
aqueles tramos de ríos, encoros ou lagoas declarados como tales debido ás súas
especiais características, e co fin dunha mellor regulación da pesca, e nos que
o exercicio desta actividade estea suxeito a normas específicas reguladoras do
aproveitamento piscícola. A súa xestión competeralles ós servicios provinciais
de Medio Ambiente Natural e para pescar neles deberase estar en posesión dun
permiso específico. Clasificaranse do seguinte xeito.
a)Coutos de pesca: aqueles
nos que se exerza un especial control sobre o esforzo de pesca, de xeito que o
aproveitamento se optimice de acordo cuns obxectivos de xestión
predeterminados. Subdivídense en:
a.1) Coutos de salmón.
a.2) Coutos de reo.
a.3) Coutos de troita.
a.4) Coutos de ciprínidos
.
b) Coutos de pesca
intensiva: son aqueles que están sometidos a un aproveitamento piscícola de
forma continuada e nos que se poderá recorrer a repoboacións sucesivas para
mante-los niveis de aproveitamento.
c) Coutos de pesca sen
morte: coutos nos que os salmónidos autóctonos pescados deben ser devoltos ás
augas inmediatamente despois da súa captura
Artigo 13º.- As masas
de auga en réxime de concesión.
As masas de auga nas que a
Consellería de Agricultura, Gandería e Montes conceda o aproveitamento
piscícola a unha asociación ou sociedade de pescadores de carácter non
lucrativo ou empresa turística, serán denominadas masas de auga en réxime de
concesión.
Artigo 14º.- As masas
de auga de especial interese para a riqueza piscícola.
Consideraranse masa de auga
de especial interese para a riqueza piscícola aquelas que, polas súas
características naturais ou interese ecolóxico, requiran unha protección
especial. Establécense dúas categorías:
a) Tramos protexidos: serán
aqueles nos que, polos seus especiais e intrínsecos valores en relación coa fauna
ou a flora acuática ou de ribeira, procede a súa catalogación e protección, o
establecemento de medidas tendentes á súa conservación e mellora así como a
regulación daquelas actividades recollidas no preceptivo plano de xestión.
b) Reservas piscícolas:
serán aquelas masas de auga con ecosistemas, comunidades ou elementos
biolóxicos que pola súa rareza, fraxilidade, importancia ou singularidade deban
de ser dotadas dunha protección integral.
Artigo 15º.- Creación,
modificación e supresión de coutos.
1. Os coutos crearanse en
masas de auga que nese momento fosen de aproveitamento piscícola común, logo de
elaboración dun plano de xestión de recursos piscícolas, é incluirán os 100 m
finais de tódolos afluentes que vertan no tramo acoutado.
2. Os expedientes de
creación, modificación e supresión de coutos iniciaranse de oficio nos
servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, correspondéndolle á Dirección
Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural a competencia para a súa resolución.
3. Os expedientes serán
sometidos ó trámite de información pública durante un prazo non inferior a 15
días, que será anunciado no DOG, e informados polo Comité Provincial de Pesca
Fluvial.
Artigo 16º.- Creación
das masas de auga de especial interese para a riqueza piscícola.
As masas de auga de especial
interese para a riqueza piscícola poderán ser declaradas como tales polo
Consello da Xunta de Galicia, logo de expediente tramitado pola Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes e sometido a información pública, ou por medio
da aprobación dun plan de ordenación de recursos piscícolas no que se atopen
incluídas na zonificación correspondente. En todo caso, incluiranse no Rexistro
Xeral de Espacios Naturais de Galicia.
CAPÍTULO
III
Embarcacións
Artigo 17º.- Embarcacións e artefactos boiantes.
1 Toda embarcación ou
artefacto boiante que se empregue no exercicio da pesca deberá de ter unha
licencia especial das definidas no artigo 5º, apartado h, deste regulamento,
sen prexuízo de que os pescadores estean en posesión dunha licencia de pesca
profesional ou da correspondente licencia de pesca coa recarga específica para
a pesca desde embarcación.
2. Só se poderá pescar desde
embarcacións ou artefactos boiantes naquelas masas de auga expresamente
autorizadas pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural. Non se
poderán empregar para a pesca embarcacións provistas de aparellos de
ecolocalización, sonar ou semellantes.
3. Para a expedición da
licencia de embarcación ou artefacto boiante será necesaria a previa
autorización para a navegación ou a flotación outorgada polo organismo con
competencias nestas materias nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga
continentais.
Artigo 18º.- Rexistro
de embarcacións e artefactos boiantes.
1. En cada Servicio
Provincial de Medio Ambiente Natural figurará un rexistro de embarcacións e
artefactos boiantes autorizados para a pesca continental profesional ou
deportiva.
2. No devandito rexistro
figurarán o número de licencia da embarcación, o nome e enderezo do propietario,
as dimensións e características técnicas, o número de matrícula asignado polo
organismo con competencias na navegación e a flotación, e a relación doutros
fins ós que se destine.
3. A inscrición no devandito
rexistro formalizarase no momento da expedición da preceptiva licencia, e os
interesados deberán xuntar á solicitude de licencia a documentación
acreditativa dos datos que deben de figurar nel.
4. Procederase a dar de
baixa no rexistro e á anulación das licencias daquelas embarcacións ou
artefactos boiantes que non leven o devandito número de matrícula perfectamente
visible e lexible en ámbolos costados.
5. No caso de embarcacións
ou artefactos boiantes que polas súas especiais características, segundo a
normativa de aplicación, non requiran autorización para a navegación e a
flotación, non se esixirá a obtención de licencia de embarcación nin inscrición
no rexistro, todo isto sen prexuízo de que os usuarios deban de estar en
posesión da correspondente licencia de pesca coa preceptivo recarga para a
pesca desde embarcación.
CAPÍTULO
IV
Concesións
de aproveitamentos piscícolas
Artigo 19º.- Obxecto e suxeito.
1. A Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes poderá outorgarlles concesións de
aproveitamentos piscícolas en tramos de río, encoros ou lagoas a asociacións ou
sociedades de pescadores de carácter non lucrativo, para o coidado, a
conservación, á promoción e a xestión da pesca. Igualmente poderá outorgar
concesións en tramos de encoros ou lagoas a empresas que teñan como finalidade
o fomento do turismo.
2. As concesións non darán
outros dereitos sobre as augas, leitos e marxes da masa de auga que o exclusivo
de pescar na forma e nas épocas preceptuadas na Lei de pesca fluvial e no
presente regulamento, e coas limitacións específicas que se establezan en cada
prego de condicións. As entidades concesionarios encargaranse do coidado, da
conservación, da promoción e da xestión dos recursos piscícolas.
Artigo 20º.- Normas
xerais das concesións.
1. As concesións de aproveitamentos
piscícolas adxudicaranse pola modalidade de concurso público
2. As concesións non serán
susceptibles de aluguer ou transferencia.
3. Non poderán ser obxecto
de concesión as masas de auga declaradas de especial interese para a riqueza
piscícola, nin calquera outra masa de auga na que razóns biolóxicas, sociais ou
doutra índole así o aconsellen.
4 Os tramos de río obxecto
de concesión non poderán ter unha lonxitude maior de oito quilómetros nin menor
de tres, nin distarán entre si menos de oito quilómetros medidos 6 longo do
leito do río.
5. As asociacións ou
sociedades de pescadores que concorran a un concurso público para a concesión
dunha masa de auga deberán de te-lo nomeamento de entidade colaboradora e
contar cun número de socios ou asociados maior cá cifra resultante de
multiplicar por cinco o número máximo de permisos diarios que figure no prego
de condicións da masa de auga obxecto de concurso. Igualmente deberán ser de
carácter aberto, para o cal, nos seus estatutos deberá recollerse
explicitamente que calquera pescador pode pertencer a ela.
6. As asociacións ou
sociedades de pescadores concesionarias estarán obrigadas a reserva-lo 25% dos
permisos diarios para pescadores non socios. Estes permisos quedarán á
disposición dos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural.
7. Cada entidade
concesionaria só poderá ter un máximo de dúas concesións simultaneamente. No
caso de asociacións ou sociedades de pescadores, o número mínimo de socios
establecido no punto 5 deberá calcularse tendo en conta a suma dos permisos das
dúas concesións.
8. Será obriga do titular da
concesión dispoñer e manter ó día un libro de rexistro de capturas e do esforzo
de pesca, dilixenciado polo Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural.
9. O concesionario estará
obrigado a presentar perante o Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural,
antes do 31 de xaneiro de cada ano, unha memoria anual de actividades e
incidencias, así como o libro de rexistro de capturas e do esforzo de pesca.
Artigo 21º.- O libro
de rexistro de capturas e do esforzo de pesca.
1.O libro de rexistro de
capturas e do esforzo de pesca recollerá, polo menos, información relativa ós
seguintes datos técnicos:
a) Esforzo de pesca.
b) Tramos de pesca.
c) Número de capturas de
cada especie.
d) Número de exemplares
devoltos ó río.
e) Cebos utilizados.
f) Tamaño dos exemplares
capturados.
2.O devandito libro de
rexistro estará á disposición permanente dos pescadores, dos axentes da
autoridade e do persoal do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural
durante o horario legal de pesca e ata unha hora despois do límite del.
Artigo 22º.- A memoria
anual de actividades é incidencias.
1.A memoria anual de
actividades e incidencias deberá conter, como mínimo, a seguinte información:
a) Número de permisos
expedidos de cada clase.
b) Informe sobre o
desenvolvemento da temporada de pesca, con referencia a épocas, días e horarios
de maior afluencia de pescadores, entre outros datos.
c) Xustificación documental
de tódolos gastos e investimentos recollidos no correspondente prego de
condicións e no contrato da concesión.
d) Descrición das
actividades desenvolvidas en beneficio da pesca e do medio fluvial, con
especial referencia ós obxectivos perseguidos e ós resultados acadados.
2. A memoria presentada
deberá obte-la aprobación do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, e
poderá concedérselle 6 interesado un prazo de 15 días para que modifique
aqueles aspectos que non cumpran os mínimos esixibles.
Artigo 23º.-
Iniciación do procedemento administrativo para concesións.
1. O procedemento iniciarase
de oficio nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, logo de informe
do Comité Provincial de Pesca Fluvial. As propostas, que conteñan unha ou
varias concesións, serán remitidas á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural para a súa aprobación, se procede.
2. Logo da aprobación dunha
proposta, o Servicio Provincia¡ de Medio Ambiente Natural elaborará o prego de
condicións técnicas e administrativas de cada concesión, que será sometido á
información pública durante un período non inferior a quince días hábiles. o
prego e as alegacións presentadas someteranse a informe do Comité Provincial de
Pesca Fluvial previamente á remisión do expediente á Dirección Xeral de Montes
e Medio Ambiente Natural.
Artigo 24 .-
Tramitación do procedemento administrativo para concesións.
1. A Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural, á vista do expediente, poderá solicitar
tódolos informes complementarios que considere oportunos. Será preceptivo o
informe da Secretaría Xeral para o Turismo cando a concesión vaia dirixida á
empresas con fins turísticos. Posteriormente, o expediente elevarase ó
conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes para a convocatoria do concurso
público.
2. A Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes publicará no Diario Oficial de Galicia as bases
que rexerán o concurso público para a adxudicación do aproveitamento piscícola,
co seguinte contido mínimo:
a) Denominación da
concesión.
b) Límites da masa de auga.
c) Termos municipais
afectados.
d) Duración da concesión.
e) Contía da fianza que hai
que depositar.
f) Canon anual no caso de
empresas turísticas.
g) Lugar e prazo de
presentación de propostas.
h) Lugar para consulta-lo
prego de condicións técnicas e administrativas.
i) Data de apertura das
propostas.
j) Recursos que se poidan
interpoñer contra a resolución.
3. Poderán presentar
propostas de licitación todas aquelas persoas físicas e xurídicas recollidas
nos artigos 13 e 19 do presente regulamento e que reúnan os requisitos
establecidos para cada caso nos pregos de condicións técnicas e
administrativas.
4. Para optar ó concurso
público para a concesión dun aproveitamento piscícola deberase presenta-la
seguinte documentación:
a) Acreditación de te-lo
nomeamento de entidade colaboradora ou, de se-lo caso, de ser unha empresa con
fins turísticos.
b) No caso de empresas
turísticas, un estudio económico de fiabilidade que inclúa os investimentos
mínimos iniciais e o capital inicial.
c) Unha memoria de
obxectivos, actividades e investimentos previstos que inclúa o desenvolvemento
e aplicación do plan de xestión de recursos piscícolas aprobado para a masa de
auga obxecto do concurso, co seguinte contido mínimo:
c.1) Períodos, días da semana e horas hábiles de
pesca.
c.2) Artes, cebos e modalidades de pesca.
c.3) Tamaños e cotas de captura.
c.4) Programación e calendario das repoboacións
no caso de masas de auga de pesca intensiva e se o prego de condicións técnicas
o permite.
c.5) Proposta de prezos dos permisos de pesca nas
diferentes modalidades no caso de concesións a empresas turísticas.
c.6) Programa de vixilancia.
c.7) Lugar de venda ou distribución de permisos e
horario do servicio.
c.8) Programa de investimentos en mantemento,
mellora e conservación do medio e na execución do plan de xestión de recursos
piscícolas
.
c.9) Programación doutras actividades recollidas
no prego de condicións técnicas.
d) Calquera outro documento
administrativo ou técnico establecidos no prego de condicións técnicas e
administrativas.
Artigo 25º.-
Adxudicación das concesións.
1. O conselleiro de
Agricultura, Gandería e Montes nomeará os compoñentes da mesa de contratación
que valorará as propostas presentadas. Nos criterios de valoración teranse en
conta:
a) As actuacións encamiñadas
á mellora do hábitat e ó fomento das poboacións piscícolas.
b) Os plans de xestión
formulados baixo unha perspectiva social e económica que dinamicen o emprego
agrario e poidan crear riqueza na zona.
c) No caso de entidades
colaboradoras, o seu historial e a localización da súa sede nalgún termo
municipal que inclúa unha parte ou toda a concesión.
3. A concesión será
outorgada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes por proposta da
mesa de contratación. A resolución que se dicte será publicada no Diario
Oficial de Galicia e terá a consideración de notificación ós restantes
licitadores.
4. O procedemento quedará
finalizado coa sinatura do contrato entre a devandita consellería e o
adxudicatario, no que constará a data de entrada en vigor da concesión e o
período de vixencia.
5. A concesión regularase
polo disposto no plan de xestión de recursos piscícolas da masa de auga, no
prego de condicións técnicas e administrativas e no contrato de concesión.
Artigo 26º.- Duración
e prórroga das concesións.
1. A duración dunha
concesión non poderá ser superior a cinco anos no caso de entidades colaboradoras,
e dez anos no caso de empresas.
2. Os concesionarios poderán
solicita-la renovación da concesión con carácter previo á súa extinción. A
prórroga non terá unha duración superior á do período inicial de concesión é
non se poderán obter máis de tres prórrogas consecutivas.
3. As solicitudes de
prórroga presentaranse no Servicio Provincia¡ de Medio Ambiente Natural antes
do último semestre de vixencia do contrato de concesión, e irán acompañadas da
seguinte documentación.
a). Unha memoria que resuma
a xestión realizada durante o período de concesión, co mesmo contido mínimo cá
memoria anual de actividades e incidencias.
b). Unha memoria co mesmo
contido cá establecida no artigo 24.4, apartado c, deste regulamento.
c). Calquera outra
documentación que o solicitante considere conveniente, e en particular aquela
que acredite as necesidades de amortización dos investimentos en equipamentos e
instalacións feitos polos concesionarios.
4. O expediente de prórroga
será remitido ó director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, quen proporá
a súa resolución ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
Artigo 27º.-
Caducidade das concesións.
1. As circunstancias
particulares que poderán dar lugar á caducidade dunha concesión figurarán no preceptivo
contrato.
2. En todo caso, as
concesións caducarán polos seguintes motivos:
a). Non aprobación da
memoria anual de actividades e incidencias por parte do Servicio Provincial de
Medio Ambiente Natural.
b). Paralización da xestión
dos recursos ou do aproveitamento piscícola durante máis dun ano.
c). Perda dalgunha das
condicións e requisitos necesarios no momento de optar ó concurso público de
concesión.
d). Incumprimento dalgunha
das cláusulas do contrato de concesión ou dos pregos de prescricións técnicas e
administrativas.
3. O expediente de
caducidade iniciarase no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural e, logo
da súa tramitación, será remitido ó director xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural, quen elevará o citado expediente, xunto cunha proposta de resolución,
ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
CAPÍTULO
V
Reserva
de permisos para fomento do turismo
Artigo 28º.- Obxecto e suxeito.
1. Co fin de fomenta-lo
turismo, realizarase unha reserva de permisos para a súa distribución pola
Secretaría Xeral para o Turismo.
2. En cada couto só se
poderá reservar ata o 10% dos permisos anuais, sen que o número de permisos
nunha xornada de pesca concreta poida supera-lo 50% dos dispoñibles.
Artigo 29º.- Tramitación.
1. No mes de novembro de
cada ano, a Secretaría Xeral para o Turismo remitirá á Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes unha proposta de reserva de permisos de pesca en
coutos.
2. A Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural, logo do informe dos servicios provinciais de
Medio Ambiente Natural, establecerá os coutos, as datas e o número de permisos
reservados.
Artigo 30º.- Reserva de permisos.
Os servicios provinciais de
Medio Ambiente Natural poderán reserva-la totalidade dos permisos dun couto,
para un ou varios días, por mor de celebracións ou festas tradicionais de
interese turístico e relacionadas coa pesca, logo de solicitude da
correspondente corporación municipal co informe favorable da Secretaría Xeral
para o Turismo. As solicitudes de reserva de permisos deberán ser presentadas
con anterioridade ó 1 de novembro de cada ano.
CAPÍTULO
VI
Outorgamento
de permisos en coutos
Artigo 31º.- Outorgamento de permisos.
Os permisos de pesca en
coutos non adxudicados a empresas turísticas nin reservados outorgaranse
segundo algunha das seguintes modalidades e pola seguinte orde de preferencia:
a). Adxudicación de cotas
diarias para concursos deportivos oficiais.
b). Sorteo de cotas diarias
para entidades colaboradoras.
c). Sorteo de permisos para
pescadores.
d). Veda ordinaria.
Artigo 32º.- Adxudicación de. permisos para
concursos deportivos oficiais.
1. Por mor de colaborar no
desenvolvemento de actividades deportivas oficiais, a Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes poderá adxudicar, con carácter gratuíto, a
totalidade dos permisos diarios dun couto.
2. Con anterioridade ó 1 de
novembro do ano previo, a Federación de Pesca presentará na Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural o calendario anual previsto de concursos e
competicións e, para cada unha das xornadas, o nome do couto no que desexe
obte-la cota diaria de permisos.
3. O número máximo de cotas
en cada provincia será de cinco por temporada, e deberá solicitarse en coutos
diferentes, quedando en todo caso excluídas as tres primeiras semanas da
temporada.
4. Os concursos ou
competicións axustaranse en todo momento ás normas de funcionamento do couto
solicitado.
Artigo 33º.- Sorteo de cotas diarias para entidades
colaboradoras.
1. Para colaborar no
desenvolvemento das actividades sociais daquelas entidades colaboradoras non
concesionarias dun aproveitamento piscícola, a Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes sorteará entre elas cotas diarias de permisos de pesca en coutos,
que serán outorgadas con carácter gratuíto.
2. Logo de informe dos
servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, a Dirección Xeral de Montes e
Medio Ambiente Natural establecerá, para cada un dos coutos da comunidade
autónoma, un máximo de tres xornadas de pesca nas que se reservarán as cotas
diarias de permisos.
3 .De acordo coas normas que
estableza a devandita dirección xeral, procederase a sortea-las cotas de
permisos entre as entidades colaboradoras que o soliciten, e poderá cada unha delas
obter, como máximo, as cotas de tres xornadas de pesca.
Artigo 34º.- Sorteo de permisos para pescadores.
1. Sortearanse entre os
pescadores que o soliciten os permisos sobrantes dos procedementos descritos
nos artigos anteriores.
2. Os sorteos para
pescadores celebraranse nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural
segundo a normativa que fixe a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural para cada temporada.
Artigo 35º.- Venda ordinaria de permisos.
1. Os permisos sobrantes dos
procedementos anteriores poranse á disposición dos pescadores en centros de
venda habilitados para o efecto.
2. Os servicios provinciais
de Medio Ambiente Natural establecerán en cada couto os centros de venda de
permisos que sexan necesarios para atende-la demanda prevista. De ser preciso,
estes centros situaranse en establecementos públicos de titularidade privada,
logo de convenio de colaboración no que se fará consta-la obriga do titular do
establecemento de acatar tódalas disposicións que en relación a esta modalidade
de outorgamento de permisos dicte a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural.
3. Os permisos dispoñibles
en cada centro de venda estarán á disposición dos pescadores que os soliciten,
logo de presentación da licencia de pesca en vigor.
CAPÍTULO
V
Entidades
colaboradoras
Artigo 36º.- Concepto de entidade colaboradora.
1. Consideraranse entidades
colaboradoras as que realicen actividades ou investimentos en favor da riqueza
piscícola das augas continentais galegas, así como na mellora da calidade do
medio ambiente das devanditas augas e que teñan recoñecido tal carácter.
2. Terán a consideración de
actividades e investimentos en favor da riqueza piscícola os seguintes:
a). O desenvolvemento de
actividades relacionadas co ecosistema fluvial, incluíndo cursos, conferencias,
coloquios e edición de libros ou impresos divulgativos.
b). A realización de
campañas de difusión e formación dirixidas a pescadores ou escolares,
especialmente aquelas que se fagan en colaboración coa Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes, con colexios públicos, con aulas da natureza ou
con calquera outro organismo ou entidade relacionado coa protección e
conservación do medio fluvial.
c). A colaboración en
traballos programados ou desenvolvidos polos servicios provinciais de Medio
Ambiente Natural ou por centros de investigación de recoñecido prestixio.
d). Calquera actividade ou
investimento que repercuta en beneficio directo ou indirecto do hábitat ou da
riqueza piscícola continental e que sexa aprobado previamente polo Servicio
Provincial de Medio Ambiente Natural.
3. As entidades
colaboradoras poderán optar á concesión das subvencións e axudas que estableza
a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nas condicións que nas
correspondentes ordes de convocatoria se determinen.
Artigo 37º.-
Nomeamento de entidades colaboradoras.
1.
Para obte-lo nomeamento de entidade colaboradora deberanse cumpri-los seguintes
requisitos:
a). Ser unha asociación ou
sociedade legalmente constituída.
b). Levar un mínimo dun ano
de funcionamento no momento da solicitude.
c). Que nos seus estatutos
figuren como obxectivos a protección, a conservación e a mellora do medio
fluvial e do seu contorno.
d). Ter algunha sede na
Comunidade Autónoma de Galicia.
e). Adquiri-lo compromiso de
realizar traballos e actividades que redunden de forma directa na protección,
conservación e fomento
da riqueza piscícola, logo
de autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. 38 riqueza
piscícola continental e que sexa aprobado previamente polo Servicio Provincial
de Medio Ambiente Natural.
2. Os interesados deberán
presentar no Servicio Provincia¡ de Medio Ambiente Natural correspondente unha
solicitude acompañada da seguinte documentación:
a). Documentos acreditativos
de ser unha sociedade ou asociación legalmente constituída.
b). Copia autentificada dos
estatutos.
c). Copia do acordo do
órgano que acordou solicita-lo nomeamento.
d). Relación nominal e actualizada
de asociados na que figurarán o nome, os apelidos, o DNI e o domicilio de cada
un deles.
e). Documentación
acreditativa das actividades ou investimentos realizados pola entidade
solicitante en relación coa mellora e defensa do medio fluvial.
f). Memoria das actividades
ou investimentos proxectados.
3. Logo de recibiren tódolos
documentos esixidos, os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural
remitirán os expedientes, xunto co seu informe, á Dirección Xeral de Montes e
Medio Ambiente Natural para a súa resolución. No caso de entidades de ámbito
superior ó provincial, a solicitude deberá presentarse perante a citada
dirección xeral, que solicitará informes ós devanditos servicios daquelas
provincias nas que a entidade realizara actividades ou investimentos en
beneficio do medio fluvial.
Artigo 380.-
Renovación e perda da condición de entidade colaboradora.
1. O título de entidade
colaboradora deberase renovar anualmente, e os interesados deberán presentar
perante o Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, antes do 30 de
novembro de cada ano, unha solicitude acompañada da documentación descrita no
apartados d), e) e f) do punto 2 do artigo anterior, xunto cun certificado de
que non foron modificados os estatutos da sociedade ou, no seu defecto, unha
copia.
2. A condición de entidade
colaboradora perderase por calquera das seguintes causas:
a). Non renovación.
b). Renuncia expresa da
entidade.
c). Anulación do nomeamento
acordada pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural cando a
entidade incumpra os seus compromisos e obrigas e, particularmente, naqueles
casos nos que se produza falsidade na documentación presentada para o
nomeamento ou renovación.
Artigo 39º.- Rexistro
das entidades colaboradoras.
1. Tódalas entidades
colaboradoras se inscribirán no Rexistro de Entidades Colaboradoras de Pesca
Fluvial, que para tal efecto se crea na Dirección Xeral de Montes e Medio
Ambiente Natural. Formará unha copia actualizada deste rexistro en cada un dos
servicios provinciais de Medio Ambiente Natural.
2. No devandito rexistro
faranse constar tódolos datos identificativos das entidades colaboradoras, así
como as renovacións e calquera outra incidencia ou modificación que puidese
acontecer.
CAPÍTULO
VI
Comités
de pesca fluvial
Artigo 40º.- Os comités provincias de Pesca Fluvial.
1. En cada provincia da
Comunidade Autónoma de Galicia existirá un Comité Provincial de Pesca Fluvial
con carácter de órgano colexiado e competencias circunscritas á provincia correspondente.
2. Os comités provinciais de
Pesca Fluvial reuniranse con carácter ordinario un mínimo de dúas veces ó ano,
e con carácter extraordinario cando o acorde o presidente ou cando o demande un
número de membros superior a un tercio.
3. Os comités provinciais de
Pesca Fluvial adoptarán os seus acordos conforme o establecido no regulamento
interno que aproben os seus membros.
4. Cando por cuestións de
urxencia ou por outras causas de forza maior non poida reunirse o Comité
Provincial de Pesca Fluvial, o seu presidente convocará o Comité Permanente
para que emita o oportuno informe. Todo isto sen prexuízo de que o devandito
informe deba ser ratificado na seguinte sesión plenaria que se celebre.
Artigo 41º.-
Composición dos comités provinciais de Pesca Fluvial.
1. Comité Provincial de
Pesca Fluvial estará presidido polo delegado provincial da Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes, correspondéndolle a vicepresidencia ó xefe do
Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. O comité contará cos seguintes
vocais:
a). O delegado provincial da
Federación Galega de Pesca.
b). Un representante da
consellería competente en materia de augas.
c). Un representante da
consellería competente en materia de industria.
d). Un representante do
organismo competente en materia de turismo.
e). Un representante do
organismo competente en materia de deporte.
f). Un representante da consellería competente
en materia de pesca e marisqueo.
g). Un representante do
servicio que teña atribuídas funcións en materia de sanidade animal.
h). Dous representantes das
sociedades de pescadores inscritas na Federación Provincial de Pesca e
designados por ela.
i). Dous representantes de
entidades colaboradoras non federadas, inscritas no rexistro correspondente,
designados por acordo entre elas mesmas.
j). Dous representantes das
asociacións naturalistas e ecoloxistas, inscritas como tales no rexistro
correspondente, designados por acordo entre elas mesmas.
k). Dous profesionais de
recoñecido prestixio en temas relacionados coa pesca continental designados
polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural por proposta do servicio
provincial correspondente.
l). O xefe da sección
encargada da pesca fluvial do servicio provincial correspondente, quen actuará
como secretario.
2. As reunións dos comités
poderán asisti-los representantes da Administración do Estado que se considere
oportuno por razón de materia, para o cal se lles notificará a convocatoria das
sesións, con indicación da orde do día, a través da Delegación do Goberno na
Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderán asistir en calidade de asesores, con
voz pero sen voto, logo de invitación do presidente do comité, aquelas persoas
que sexan consideradas expertas en asuntos concretos que figuren na orde do día
da reunión.
3. Os vocais dos apartados
h), i) e j) deberán presentar acreditación xustificativa da súa designación,
debendo confirmarse esta, de non terse producido novas designacións, cada dous
anos.
4. Comité Permanente estará
formado polo presidente, o vicepresidente, o secretario e mailos seguintes
vocais: o delegado provincia¡ da Federación Galega de Pesca e un representante
das entidades colaboradoras.
Artigo 42º.-
Competencias dos comités provinciais de Pesca Fluvial.
Son competencias dos comités
provinciais de Pesca Fluvial as seguintes:
a). Propoñe-los períodos
hábiles de pesca que serán establecidos na orde anual de pesca.
b). Presentar propostas e
informes sobre as modalidades de pesca e as cotas de captura que serán
establecidos para cada temporada con carácter provincial e local.
c). Informar sobre as
concesións de aproveitamentos piscícolas no ámbito das súas competencias, así
como propoñer novas concesións.
d). Propoñer períodos de
veda con carácter local.
e). Informar sobre a
creación e modificación de coutos de pesca.
f). Promove-la adopción de
medidas de protección, fomento e aproveitamento da fauna piscícola e do seu
hábitat.
g). Promove-la realización
de estudios e investigacións que redunden en beneficio da fauna piscícola e do
medio fluvial.
h). Demandar información a
calquera órgano da Administración sobre actuacións que poidan afecta-lo medio
fluvial.
i). Informar sobre os plans
de ordenación de recursos piscícolas e os plans de xestión de recursos
piscícolas no seu ámbito territorial.
j). Informar sobre calquera
outro asunto relacionado coa pesca continental que someta á súa consideración o
órgano correspondente consellería competente por razón da materia.
Artigo 43º.- O Comité
Galego de Pesca Fluvial
1. Constituirase un Comité
Galego de Pesca Fluvial con carácter de órgano colexiado e funcións de asesor
da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en temas relacionados coa
pesca fluvial no ámbito da Comunidade
Autónoma de Galicia.
2. O Comité Galego de Pesca
Fluvial reunirase con carácter ordinario un mínimo dunha vez o ano, e con
carácter extraordinario cando o acorde o presidente ou cando o demande un
número de membros superior a un tercio.
3. O Comité Galego de Pesca
Fluvial adoptará os seus acordos conforme o establecido no regulamento interno
que aproben os seus membros.
Artigo 44º.-
Composición do Comité Galego de Pesca Fluvial.
1.Comité Galego de Pesca
Fluvial estará presidido polo director xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural; correspóndelle a vicepresidencia ó subdirector xeral correspondente. O
Comité constará dos seguintes vocais:
a). Os presidentes dos
comités provinciais de Pesca Fluvial.
b). Os xefes dos servicios
provinciais de Medio Ambiente Natural.
c). O presidente da
Federación Galega de Pesca Fluvial.
d). Os delegados provinciais
da Federación Galega de Pesca Fluvial.
e). Un representante das
entidades colaboradoras de cada provincia, designado por acordo entre elas.
f). Dous representantes das
asociacións naturalistas e ecoloxistas, inscritas como tales no rexistro
correspondente, designados por acordo entre elas.
g). Un representante da
consellería competente en materia de augas.
h). Un representante do organismo
competente en materia de turismo.
j). Un representante do
organismo competente en materia de deporte.
k). Un representante da
consellería competente en materia de pesca e marisqueo.
l). Dous profesionais de
recoñecido prestixio en temas relacionados coa pesca continental, designados
polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.
m). O xefe do Servicio de
Recursos Piscícolas, quen actuará como secretario.
2. Ás reunións do comité
poderán asistir os representantes da Administración do Estado que se considere
oportuno por razón de materia, para o cal se lles notificará a convocatoria das
sesións, con indicación da orde do día, a través da Delegación do Goberno da
Comunidade Autónoma. Así mesmo, poderán asistir en calidade de asesores, con
voz pero sen voto, logo de invitación do presidente do comité, aquelas persoas
que sexan consideradas expertas en asuntos concretos que figuren na orde do dia
da reunión. Os vocais dos apartados e) e f) deberán presentar acreditación
xustificativa da súa designación, e deberá confirmarse esta, de non terse
producido novas designacións, cada dous anos.
Artigo 45º.-
Competencias do Comité Galego de Pesca Fluvial.
Son competencias do Comité
Galego de Pesca Fluvial as seguintes:
a). Fixar liñas de actuación
e promove-la adopción de medidas encamiñadas ó fomento, protección,
conservación e ordenado aproveitamento da riqueza ictícola das augas
continentais galegas.
b). Informar sobre as
propostas de períodos hábiles, modalidades de pesca e cotas de captura
realizados polos comités provinciais de Pesca Fluvial para a elaboración da
orde anual de pesca continental.
c). Informar sobre calquera
tema que non sexa competencia dos comités provinciais de Pesca Fluvial por ter
ámbito autonómico.
d). Informar sobre os plans
de ordenación de recursos piscícolas e sobre os plans de xestión de recursos
piscícolas.
e). Informar sobre calquera
outro asunto relacionado coa pesca continental que someta á súa consideración o
órgano correspondente da consellería competente por razón da materia.
TÍTULO
III
CAPITULO
I
Ordenación
dos aproveitamentos piscícolas
Artigo 46º.- A orde anual de pesca continental
1. Por medio da orde anual
de pesca continental a Consellería de Agricultura, Gandería é Montes
establecerá, para cada temporada, as normas xerais de pesca das distintas
especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais
de Galicia, adoptará ós réximes especiais que se consideren pertinentes en
determinadas masas de auga e aprobará: as modificacións e revisións dos plans
de xestión de recursos piscícolas.
2. As normas xerais de pesca
fixarán as épocas hábiles, os tamaños mínimos, as cotas de captura, os cebos e
as modalidades de pesca para cada especie en tódalas augas continentais da
Comunidade Autónoma, sen prexuízo do disposto nas normas específicas para cada
masa de auga.
3. Os réximes especiais
fixarán as normas aplicables nas que o
aproveitamento estea regulado por un plan de xestión de recursos piscícolas ou
aqueloutras nas que as súas especiais características aconsellen medidas
específicas de protección ou permitan o aproveitamento dalgunha especie
piscícola de xeito diferente ó recollido nas normas xerais.
Artigo 47º.-
Elaboración da orde anual de pesca continental
1. Os servicios provinciais
de Medio Ambiente Natural, oídos os comités provinciais de Pesca Fluvial;
remitirán á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, antes do
primeiro de xaneiro de cada ano, as súas propostas para a redacción da orde
anual de pesca continental.
2. As propostas de normas
xerais terán o seguinte contido:
a). A época hábil, o tamaño
mínimo e a cota de capturas de cada unha das especies susceptibles de pesca.
b). Os tipos de cebos a que
se empregarán con cada especie, a época hábil para o seu emprego e, de se-lo
caso, o tipo de masa de auga no que se autorizará cada un deles.
c). As modalidades de pesca
permitidas para cada especie, a época hábil de cada unha delas e, de se-lo
caso, o tipo de masa de auga no que se autorizarán.
3. As propostas de réximes
especias daquelas masas de auga non reguladas por un plan de xestión de
recursos piscícolas piscícolas estarán agrupadas por rios ou, preferentemente,
por concas ou subconcas hidrográficas. Nelas farase constar, xunto cos límites
xeográficos de cada masa de auga afectada, as épocas hábiles, os tamaños
mínimos, as cotas de captura e os cebos e demais datos técnicos relativos o
aproveitamento piscícola de cada especie. De se-lo caso, no apartado correspondente
a época hábil, poderase facer, constar que unha determinada especie ou masa de
auga se atopa vedada.
4. No referente os plans de
xestión de recursos piscícolas, faranse consta-las condicións para o
aproveitamento piscícola que fixan os novos plans aprobados e o seu ámbito de
aplicación, así como as modificacións dos plans preexistentes.
5. A Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural oído o Comité Galego de Pesca Fluvial, elevará
a súa proposta de orde ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes para a
súa aprobación, se procede, e publicación no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 48º.- Medidas
excepcións.
1. Cando existan razóns
hidrobiolóxicas ou medioambientais que así o aconsellen poderanse adoptar
medidas excepcionais de urxencia para a protección da fauna piscícola e do seu
medio.
2. As medidas excepcionais
poderán prohibir temporalmente o emprego de calquera arte ou modalidade de
pesca, ou mesmo prohibir todo tipo de pesca nunha determinada masa de auga
3. A adopción destas medidas
corresponderalle á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, logo de
proposta dun Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. A resolución que se
dicte será publicada no Diario Oficial de Galicia con carácter de urxencia, e expresará
a motivación e a duración das medidas que se establezan.
Artigo 49º.-Veda por
razón de especie.
Sempre que nunha masa de
auga existan varias especies e algunha delas estea vedada, a veda estenderase
nesa masa a tódalas especies que se capturen coa mesma modalidade ou cebo,
salvo autorización expresa da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,
que será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 50º.- Tenza,
transporte e comercialización da pesca fluvial.
1. Queda prohibida a comercialización
de calquera especie de salmónidos en toda época, agás os procedentes de centros
de producción autorizados.
2. A orixe legal dos
salmónidos procedentes de centros de producción autorizados deberase acreditar
mediante unha guía de circulación ou factura expedida polo centro de orixe, na
que deberá consta-la identificación do productor, a especie, os tamaños e pesos
medios, o número de exemplares, o destino das mercadorías, o medio de
transporte e a data de expedición. A guía deberá ir acompañada dun documento de
compra e será válida, tanto o orixinal como as copias, para realiza-lo
transporte do centro de producción ó de venda ó público e durante a permanencia
neste. Cando a especie comercializada sexa o salmón ou o reo, tamén se deberán
precinta-los exemplares individualmente.
3. Durante o período hábil
para a pesca das distintas especies, queda prohibida a tenza dun número de
exemplares superior ó máximo de capturas autorizado por pescador e día, así
como a de exemplares de tamaño menor á legalmente establecida. En época de veda
queda prohibida a tenza en locais públicos de calquera especie piscícola
continental non procedente de centros de producción autorizados.
4. Prohíbese a tenza en
establecementos públicos en toda época, de salmónidos non procedentes de
centros de producción autorizados.
5. Para posuír e transportar
reos ou salmóns pescados legalmente, será condición indispensable que vaian
provistos dunha guía de captura e dun precinto individual. A guía de captura
acreditará a orixe e as características dos exemplares, a data de captura, os
datos persoais do pescador, o número de licencia de pesca e o cebo empregado.
6. Os axentes da autoridade
con funcións de policía e custodia dos recursos piscícolas e dos seus hábitat
poderán realiza-la inspección de locais públicos, embarcacións, vehículos e
demais dependencias non destinadas a vivenda co obxecto de face-las
comprobacións oportunas sobre posesión da guías, documentos de compra e
calquera outro acreditativo daqueles extremos, quedando os titulares obrigados
a facilitaren as inspeccións.
Artigo 51º- Canas de
pescar e utensilios auxiliares.
1. Nas augas continentais da
Comunidade Autónoma de Galicia, cada pescador só poderá utiliza-lo número de
canas, os cebos, as artes de pesca e os utensilios auxiliares que se detallen e
autoricen na orde anual de pesca continental para cada río ou masa de auga
concretos.
2. Con carácter xeral, para
a pesca de salmónidos so se permite o emprego dunha cana por pescador e dunha
sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar, para a pesca de ciprínidos con
cebos específicos e para a pesca de salmónidos en encoros poderase autoriza-lo
emprego dun máximo de dúas canas e unha distancia máxima do pescador de tres
metros mentres que para a pesca dende embarcación só se poderá empregar unha
cana por pescador, sexa cal sexa a especie susceptible de pesca; autorízanse
unicamente tres canas por embarcación, aínda que o número de pescadores sexa
maior.
Artigo 52º.-
Autorizacións especiais.
1. Para fins científicos de
repoboación ou para evita-la súa morte, a Consellería de Agricultura, Gandería
e Montes poderá autoriza-la pesca e o transporte de especies acuícolas ou dos
seus ovos en toda época do ano facendo uso dos métodos de captura que se xulguen
convenientes.
2. A Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural, logo de informe do Servicio Provincial de
Medio Ambiente Natural, establecerá as condicións da autorización especial nun
documento acreditativo, de carácter persoal e intransferible, no que se
especificará a entidade científica, institución, persoa xurídica que avala os
traballos que se executarán, os materiais e métodos que se utilizarán, as
especies obxecto de captura, os lugares e datas autorizados, o destino dos
exemplares capturados e calquera limitación que se considere conveniente.
Estableceranse tamén uns valores máximos de danos ó medio acuático en función
do correcto emprego das técnicas autorizadas; a comisión de danos superiores os
previstos na autorización levará consigo a incoación do correspondente
expediente sancionador.
3. Nun prazo de dous meses,
contados a partir da data de caducidade da autorización, o titular deberá
informar á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural dos traballos
executados e dos resultados obtidos.
4. A autorización exhibirase
en calquera momento cando sexa requirido por parte dos axentes da autoridades
5. Facúltase ós servicios
provinciais de Medio Ambiente Natural para exerce-las accións recollidas neste
artigo sen necesidade de contar coas devanditas autorizacións especiais.
CAPÍTULO
II
Fomento
das poboacións ictícolas
Artigo 53º.- Estudios e investigación.
1. A Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes promoverá a realización dos estudios
hidrobiolóxicos precisos das augas continentais da Comunidade Autónoma, así
como a investigación, dedicándolles especial atención ós ríos habitados por
salmón ou reo e adaptará as súas actuacións para o fomento da riqueza ictícola
ás conclusións e ós resultados dos devanditos estudios e programas de
investigación.
2. Tódolos estudios e
proxectos de investigación deberán ser autorizados pola Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural, logo de informe do Servicio Provincial de
Medio Ambiente Natural. A solicitude de autorización estará avalada por un
centro de investigación, que designará un investigador principal con carácter
de director, e incluirá unha memoria na que se especifique o alcance e
obxectivos do estudio, unha relación do persoal investigador adscrito ó proxecto,
un calendario e plan de traballo, a metodoloxía elixida e a súa xustificación,
e os medios materiais e de financiamento, dispoñibles.
Artigo 54º.- Desovadoiros.
1. A Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes procederá á delimitación e sinalización dos
desovadoiros e prohibirá calquera alteración neles, salvo as que realice a
propia consellería ou autorice coa finalidade de protexelos, consérvalos e
melloralos.
2. Cando a consellería
considere que o baño ou outras actividades poidan supoñe-la deterioración do
desovadoiro, poderá adopta-las medidas precisas para a súa protección e
conservación, sinalando, para tal efecto, as respectivas masas de auga, épocas
e condicións nas que se, prohibisen estas actividades.
3. Facúltase os servicios provinciais
de Medio Ambiente Natural para a adopción e, de se-lo caso, execución de todas
aquelas medidas, encamiñadas á protección, conservación e mellora dos
desovadoiros.
4. A consellería adoptará
todas aquelas medidas encamiñadas a facilita-lo acceso das especies migradoras
ás áreas de desova ou desovadoiros, en especial a eliminación de obstáculos e a
regulación de caudais.
5. As medidas que se adopten
para protexer, mellorar ou conserva-los desovadoiros poranse en coñecemento dos
organismos competentes para autoriza-las actividades que poidan alterar estas
masas de auga, co obxecto de que estas sexan prohibidas ou restrinxidas .
Artigo 55º.- Repoboacións piscícolas.
1. Soamente poderán realizar
repoboacións ou soltas de especies piscícolas nas augas continentais os
organismos dependentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou
aqueles que esta autorice expresamente.
2. Corresponde ós servicios
provinciais de Medio Ambiente Natural autoriza-las repoboacións ou soltas de
especies piscícolas nas augas continentais.
3. As repoboacións
realizaranse preferentemente con especies autóctonas e con exemplares obtidos
de reproductores capturados na mesma conca hidrográfica na que se vai repoboar
ou, no seu defecto, con ecotipos da maior similitude xenética posible. Os
métodos, técnicas, épocas, tamaños e condicións ou formas de executa-las
repoboacións estarán fixados polo plan de xestión de recursos piscícolas ou, no
seu defecto, por un plan técnico aprobado polo Servicio Provincial de Medio
Ambiente Natural con competencias na zona.
4. As entidades que teñan a
concesión para o aproveitamento dalgunha masa de auga continental poderán, se e
o caso, solicita-la realización directa de repoboacións piscícolas nas augas
obxecto da concesión, se ben as especies, tipos ou variedades e métodos
empregados requirirán a aprobación previa do Servicio Provincial de Medio
Ambiente Natural para garanti-la súa idoneidade. A autorización que se expida
irá acompañada dun plan de prescricións técnicas no que se establecerán as
condicións coas que se executará a repoboación, e deberá, en calquera caso,
realizarse esta baixo a supervisión e técnica do Servicio Provincial de Medio
Ambiente Natural.
5. Levantarase unha acta de
cada unha das repoboacións efectuadas, na que constarán, polo menos, os
seguintes datos: data e lugar, especie, procedencia, número de exemplares,
persoas que participan, método de repoboación e certificado sanitario. A acta
orixinal arquivarase no Servicio Provincia¡ de Medio Ambiente Natural, debendo
remitirse unha copia á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.
6. Non poderán ser
repoboadas aquelas masas de auga nas que habitan poboacións piscícolas de
interese polas súas peculiaridades biolóxicas ou xenéticas, así como aquelas
nas que exista algún réxime de protección especial, agás por razóns de defensa
das poboacións, debidamente xustificadas.
7. Excepcionalmente, no caso
de estudios ou investigacións científicas que requiran a realización de
repoboacións, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, á vista dos
obxectivos de cada proxecto de investigación e do informe do Servicio
Provincial de Medio Ambiente Natural, poderá conceder autorizacións especiais.
Artigo 56º.- Repoboacións de vexetación en marxes e
álveos
1. Para tódolos efectos,
declarase de interese xeral a conservación das formacións vexetais así como a
repoboación arbórea e arbustiva nas marxes dos ríos e regueiros con especies
ripícolas ou de ribeiras, respectando as servidumes legais.
2. Para o aproveitamento e a
utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas, e
pola súa incidencia sobre as poboacións piscícolas, será necesaria previa
autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, quen, de se-lo
caso, establecerá as limitacións ou condicións coas que se concede a
autorización; todo isto sen prexuízo das competencias dos organismos de conca.
Artigo 57º.- Instalacións de fomento e conservación
da riqueza piscícola.
1. A Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes, dentro dos plans de ordenación de recursos piscícolas,
promoverá a instalación de estacións de captura, desovadoiros artificiais,
canles de crianza, laboratorios ictioxénicos e demais instalacións que sirvan
para a recuperación e conservación das poboacións piscícolas salvaxes e do
medio no que se desenvolven, atribuíndolles preferencia ás instalacións
situadas nos ríos onde existan posibilidades de recupera-las poboacións
anádromas ou catádromas. Así mesmo, poderá autorizar traballos e construccións
financiados por persoas físicas ou xurídicas que sirvan para contribuír á
conservación e o fomento da riqueza piscícola.
2. Decláranse de interese
xeral para tódolos efectos as
instalacións de conservación das poboacións piscícolas salvaxes.
3. A Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes velará por evita-la introducción nas masas de
auga continentais de especies ou variedades con características xenéticas,
estado sanitario ou comportamento en estado salvaxe que poidan poñer en perigo
as poboacións naturais. Para estes fins, ademais do disposto no presente
regulamento, a consellería adoptará todas aquelas medidas complementarias que
considere necesarias.
Artigo 58º.- Clasificación dos centros de
acuicultura
Os centros de acuicultura
poderán ser de interese xeral ou particular. Nos primeiros buscarase o fomento
das poboacións piscícolas salvaxes, mentres que nos segundos primará o factor
de producción para o consumo. Para os efectos do presente regulamento, os
centros de acuicultura clasificaranse da seguinte maneira:
a). De ciclo cerrado ou
completo: serán aqueles nos que as instalacións permitan manter individuos de
todas e cada unha das fases do ciclo vital da especie ou especies autorizadas,
ou sexa, reproducción, cría de alevíns e engorde. Poderán ter fins comerciais,
de repoboación ou de investigación.
b). De ciclo aberto ou
incompleto serán aqueles nos que as instalacións permitan manter só algunha ou
algunhas das fases do ciclo vital sen que este poida completarse nelas.
Clasificaranse en función da fase ou fases de cultivo, como centro a de
reproducción, centros de cría de alevíns ou centros de engorde.
Artigo 59º.-Autorización de centros de acuicultura .
1. A autorización para o
funcionamento dos centros de acuicultura será Concedida para cada proxecto pola
Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sen prexuízo do
outorgamento da correspondente concesión de augas por parte da Administración
hidráulica competente.
2. Cada centro de acuicultura
só poderá dedicarse ó cultivo da especie ou especies e ás actividades
expresamente autorizadas. Para cambiar ou amplia-la orientación productiva da
explotación, deberá solicitarse autorización á Dirección Xeral Montes e Medio
Ambiente Natural.
3. A posta en explotación
dun novo centro debe levarse a cabo no prazo máximo de dous anos a partir da
data de autorización, e poderase amplia-lo devandito prazo, por períodos de
seis meses e ata un máximo de tres anos, cando existan causas debidamente
xustificadas e non imputables ó titular das instalacións.
Artigo 60º.- Procedemento administrativo para
autorización de centros de acuicultura.
1. A solicitude de creación
de novos centros de acuicultura, logo da concesión de aproveitamento hidráulico
polo organismo competente, presentarase nos servicios provinciais de Medio
Ambiente Natural acompañada dun proxecto, asinado por técnicos competentes, no
que figurarán os seguintes documentos:
a). Datos de identificación
do promotor e instalación.
b). Planos de actuación a
escalas 1:50.000 e 1:10.000.
c). Descrición detallada das
obras e instalacións, incluíndo planos e demais documentos que faciliten a súa
interpretación.
d). Estudio do réxime
natural de caudais.
e). Caudais de concesión e
procedencia das augas.
f). Memoria biolóxica na que, como mínimo se
detallará:
f.1) Caudais ecolóxicos.
f.2) Estudio de
temperaturas.
f.3) Xustificación da
elección da especie ou especies cultivables.
f.4) Carga instantánea.
f.5) Sistema de cultivo.
f.6) Producción por meses.
f.7) Tratamento de augas
residuais.
g). Estudio de avaliación de
efectos ambientais que se realizará, conforme ó disposto no Decreto 327/1991,
do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, mentres non
se aproben as normas regulamentadas de desenvolvemento da Lei 1/1995, do 2 te
xaneiro, de protección ambiental de Galicia.
2. O expediente así iniciado
será remitido á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural xunto cun
informe do servicio provincial relativo á localización, á idoneidade biolóxica,
sanitaria de fisicoquímica das augas, ós programas de producción, ós efectos
secundarios sobre os ecosistemas acuáticos e as poboacións piscícolas, e a
calquera outra materia que se considere de interese para a protección,
conservación e mellora do ecosistema acuático. Logo do exame deste informe, e
tendo en conta os plans de ordenación de recursos piscícolas vixentes,
corresponderalle á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural o
outorgamento da autorización definitiva para a posta en funcionamento dos
centros de acuicultura, sen prexuízo da normativa ambiental aplicable.
Artigo 61º.- Control sanitario dos centros de
acuicultura.
1. Para evitar no posible o
contaxio de enfermidades e a súa difusión entre as poboacións dos cursos
naturais de augas e para minimiza-los efectos da contaminación das augas debida
á actividade dos centros de acuicultura, adoptaranse as seguintes medidas:
a). Por razóns de índole
hixiénico-sanitaria so se autorizarán novos centros de acuicultura cando a súa
instalación sexa fóra dos leitos públicos e a unha distancia doutros centros,
augas arriba ou augas abaixo, que garanta unha adecuada calidade biolóxica e
fisicoquímica das augas. A distancia mínima será superior a 15 km medidos o
longo do eixe lonxitudinal do río, e poderá ser variado este mínimo pola
Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural de acordo coas
circunstancias que concorran en cada caso.
b). Todo centro de
acuicultura deberá ter un sistema de depuración adecuado para trata-la auga
procedente dos estanques e instalacións de cultivo previamente á súa
restitución ó leito natural. A eficacia do sistema será tal que garanta unha
calidade das augas no punto de restitución similar á existente no punto de
captación, sen que permita, en ningún caso, o vertido de partículas orgánicas
ou de residuos de tipo biolóxico.
c). En ningún momento se
poderán ter peixes nas instalacións de depuración nin nas canles de captación,
de distribución e de restitución.
d). Os residuos, lodos,
dexeccións, restos de alimentos e demais materiais retidos no sistema de
depuración serán retirados periodicamente e depositados en lugares afastados
dos leitos naturais, evitando en todo momento a súa posible incorporación ás augas.
Sempre que se proceda á retirada de residuos, a empresa responsable porao en
coñecemento do Servicio de Medio Ambiente Natural da provincia correspondente
cunha antelación de quince días. A aparición de calquera proceso patolóxico ou
mortandade anormal nas instalacións deberá pórse en coñecemento do Servicio de
Medio Ambiente Natural da provincia onde estea situado o centro de acuicultura,
que o porá en coñecemento das autoridades competentes en sanidade animal. No
anexo III inclúense as enfermidades e alteracións de declaración obrigatoria e
as medidas de control sanitario e profilaxe que, en coordinación coas
autoridades sanitarias, serán adoptadas en cada caso, todo isto, sen prexuízo
da normativa, sanitaria específica.
2. Toda introducción ou expedición
de esperma, ovos, ou peixes vivos requirirá autorización previa da Dirección
Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural. Á solicitude de autorización
xuntarase a documentación acreditativo do estado sanitario de cada partida.
Artigo 62º.- Control do
funcionamento dos centros de acuicultura.
1. Co fin de exerce-lo
debido control sobre o movemento de exemplares entre centros de acuicultura, a
aparición de procesos patolóxicos e outras actividades susceptibles de
afectaren o medio ambiente, así como para, dispoñer de datos básicos sobre a
producción, necesarios para a adopción de medidas encamiñadas ó fomento, á
promoción e á ordenación deste sector, a Dirección Xeral de Montes e Medio
Ambiente Natural facilitará a cada centro de acuicultura un modelo oficial de
libro de rexistro de actividades no que, baixo responsabilidade do titular da
explotación ou do técnico encargado por este, se deberá anota-los seguintes
datos:
a). Entradas e saídas de
esperma, ovos, embrións e animais en xeral, con indicación da orixe ou destino
e mais do número e peso ou tamaño medio dos peixes.
b). As taxas de mortalidade
en cada unha das fases de cultivo.
c). Os procesos patolóxicos
detectados, os tratamentos empregados e as mortes producidas por eles en cada
fase de cultivo.
d). As limpezas e
desinfeccións realizadas, así como calquera outra actividade do programa
sanitario da explotación incluíndo a retirada de residuos do sistema de
depuración.
2. Os libros de rexistro de
actividades estarán á disposición dos axentes da autoridade encargados de velar
pola protección e conservación da riqueza piscícola do persoal facultado pola
Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para inspecciona-los centros
de acuicultura, e do persoal técnico de calquera outro organismo competente na
materia.
3. Os centros de
piscicultura deberán remitir á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural unha memoria anual de actividades na que se resumirá o contido do libro
de rexistro de actividades da explotación.
4. Os datos de producción e
funcionamento consignados tanto no libro de rexistro coma na memoria anual
terán carácter confidencial, e non poderán ser facilitados pola Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes sen autorización do titular da explotación, sen
prexuízo de que poidan ser empregados para a elaboración de estatísticas ou
informes técnicos de carácter xeral e sen indicación explícita dos datos de
identificación correspondentes a cada centro.
Artigo 63º. Rexistro de centros de acuicultura.
Créase na Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural o Rexistro de Centros de Acuicultura, no que
figurarán, ademais do correspondente número de inscrición, a identificación da
empresa e do seu titular, a descrición das instalacións e os datos básicos do
sistema de producción de tódolos centros de acuicultura da Comunidade Autónoma.
Os titulares da explotación dos centros deberanlle comunicar á Dirección Xeral
de Montes e Medio Ambiente Natural calquera cambio que se produza nos datos que
figuren no rexistro, sen prexuízo de que por parte dela se realicen, en
calquera momento, inspeccións ou enquisas encamiñadas a modificar ou amplia-los
datos rexistrados.
CAPITULO
III
Medidas
protectoras
Artigo 64º.- Ordenación dos aproveitamentos
piscícolas
Os aproveitamentos
piscícolas regularanse a través de plans de ordenación de recursos piscícolas e
de plans de xestión de recursos piscícolas.
Artigo 65º.- Obxectivos e contido dos plans de
ordenación de recursos piscícolas.
1. Os plans de ordenación de
recursos piscícolas terán como obxectivos avalia-lo estado do medio acuático e
das poboacións piscícolas, regula-lo seu aproveitamento para unha óptima
xestión dos recursos e adoptar medidas de fomento e protección da fauna e do
ecosistema acuático en xeral. Para cumprir estes fins, os plans de ordenación
de recursos piscícolas terán como mínimo, os seguintes apartados: ámbito
territorial de aplicación, estado de conservación, inventario piscícola,
directrices de xestión do recurso e período de vixencia.
2. No referente ó ámbito de
aplicación, os plans de ordenación de recursos piscícolas aplicaranse á
totalidade dunha conca ou subconca hidrográfica ou a unha parte delas
comprendida entre os nacementos dos ríos e unha barreira natural ou artificial
que impida o movemento natural das poboacións piscícolas. Neste apartado
especificarase, como mínimo, a situación xeográfica da zona, a descrición do
territorio de aplicación e dos seus límites, a descrición dos leitos e das
masas de auga afectados, un plano topográfico a escala adecuada e a
zonificación que pode establecerse en función da diversidade bioxeográfica da
área. Igualmente, incluirase un estudio socioeconómico, con especial referencia
ó medio fluvial e ós recursos piscícolas.
3. O estado de conservación
dará conta, en cada tramo definido, da calidade fisicoquímica e biolóxica das
augas, do estado natural da vexetación, dos usos do solo, do inventario de
vertidos, da relación de obstáculos naturais e artificiais, da hidroloxía da
conca e dunha relación dos impactos existentes.
4. O inventario piscícola
incluirá o estado legal, o estado piscícola e o estado económico.
No estado legal incluiranse
aqueles datos referentes o réxime de aproveitamento piscícola e a súa evolución
histórica. Así mesmo, incluiranse as servidumes e concesións hidráulicas de
interese.
Para a avaliación do estado
piscícola realizarase unha división inventario anual e o cálculo de existencia
e parámetros poboacionais de cada especie. Determinaranse, polo menos, as
densidades e biomasas, a estructura poboacional, o recrutamento e as taxas de
fecundidade, mortalidade e crecemento.
No estado económico
redactarase un resumo económico das actuacións e melloras efectuadas no último
decenio, da súa influencia sobre a producción dos aproveitamentos realizados e
dos resultados obtidos.
5. As directrices de xestión
incluirán os réximes de protección, as medidas de conservación, de restauración
e de mellora do medio, e os criterios orientadores das actividades futuras.
6. O período de vixencia
será establecido en cada caso, sen prexuízo de que poida ser necesaria a
revisión do plan nun período de tempo inferior ó indicado.
Artigo 66º.- Elaboración dos plans de ordenación de
recursos piscícolas.
As propostas dos plans de
ordenación de recursos piscícolas serán elaboradas polos servicios provinciais
de Medio Ambiente Natural, oído o Comité Provincial de Pesca Fluvial, e
remitidas á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para a súa
tramitación, na que se someterán ó trámite de información pública e a informe
do organismo de conca e do Comité Galego de Pesca Fluvial. Corresponderalle ó
Consello da Xunta de Galicia a aprobación destes plans.
Artigo 67º.- Obxectivos e contido dos plans de
xestión de recursos piscícolas.
1. Os plans de xestión de
recursos piscícolas fixarán as medidas de protección, conservación, mantemento
e mellora das poboacións ictícolas e do seu medio nas masas de auga de especial
interese para a riqueza piscícola e naquelas masas de auga nas que o
aproveitamento piscícola deba de estar regulado con normas específicas. Para
cumpri-los seus fins, estes plans terán o seguinte contido mínimo: actuacións
de fomento e protección dos recursos piscícolas, seguimento da evolución das
poboacións, vixilancia do grao de axuste ó plan de ordenación de recursos
piscícolas vixente na conca e sistemas de corrección de posibles desviacións,
plano de financiamento, plan de vixilancia e período de vixencia.
2. Nas actuacións
encamiñadas ó fomento e a protección dos recursos piscícolas incluiranse, entre
outras, as campañas de difusión e educación ambiental, os convenios de
colaboración con entidades locais, as accións de mellora do hábitat e das
poboacións naturais, as repoboacións e as infraestructuras de apoio.
3. En masas de auga aptas
para o aproveitamento piscícola tamén se incluirá a relación de especies non
susceptibles de pesca, a relación de especies susceptibles de pesca, con
indicación de tamaños mínimos, cotas de captura, número de permisos, cebos e modalidades,
e as épocas hábiles para o exercicio da pesca.
4. Os plans de xestión de
recursos piscícolas serán preceptivos en augas habitadas por salmón e reo, en
todas aquelas que a Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes considere de interese piscícola e naquelas masas
de auga que sexan obxecto de concesión de aproveitamento piscícola.
Artigo 68º.- Elaboración dos recursos piscícolas.
As propostas dos plans de
xestión de recursos piscícolas serán elaboradas polos servicios provinciais de
Medio Ambiente Natural, oído o Comité Provincial de Pesca Fluvial, e remitidas
á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para a súa tramitación,
incluído o informe do Comité Galego de Pesca Fluvial. A aprobación destes
plans, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, corresponderalle ó
conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
Artigo 69º.- Protección dos recursos piscícolas.
1. Consello da Xunta, por
proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, poderá declarar
determinados tramos de ríos ou masas de auga como de especial interese para a
riqueza piscícola. Nos procedementos de declaración atribuiráselles prioridade
a aqueles tramos de ríos accesibles para especies migradoras o mar e ás súas
zonas de desova e cría.
2. A aprobación dun plan de
ordenación de recursos piscícolas levará implícita a declaración das masas de
auga de especial interese para a riqueza piscícola nel definidas como tales.
Esta declaración tamén poderá realizarse de xeito individual, requiríndose
neste caso a elaboración dun plan de xestión de recursos piscícolas.
3. Tódalas actividades
deportivas ou recreativas que poidan afectar á riqueza piscícola destas masas
de auga aínda cando sexan compatibles co establecido no plan de ordenación de
recursos piscícolas, requirirán autorización do correspondente Servicio
Provincial de Medio Ambiente Natural .
4. As masas de auga de
especial interese para a riqueza piscícola clasificaranse como tramos
protexidos ou como reservas piscícolas atendendo as súas características
hidrobiolóxicas e ó grao de protección necesario.
5. Os tramos protexidos
serán compatibles co aproveitamento piscícola, sen prexuízo de que estea
condicionado o respecto dunhas normas especificas de protección e conservación.
Nas reservas piscícolas non se poderá exerce-la pesca, agás aquelas capturas de
reproductores que realicen os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural.
Artigo 70º.- Das masas de auga de especial interese
para a riqueza piscícola.
Nas masas de auga de
especial interese para a riqueza piscícola someteranse ó procedemento de
avaliación de impacto ambiental, de acordo co disposto polo Decreto 442/1990,
do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, mentres
tanto non se aproben as normas regulamentarias de desenvolvemento da Lei
1/1995, de 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, tódolos proxectos
de realización de obras, instalacións ou calquera outra actividade situada
nelas que poida afectar ós valores que motivaron a declaración, incluíndo os
seguintes:
a). Aproveitamentos
hidroeléctricos
b). Aproveitamentos
hidráulicos en xeral.
c). Centros de acuicultura.
d). Extracción de áridos.
e). Actividades mineiras.
f). Construcción de
infraestructuras.
g). Actividades industriais,
agropecuarias ou de servicios que leven consigo a producción de vertidos ou a
alteración do medio acuático.
Artigo 71º.- Dimensións mínimas.
1. Deberanse devolver
inmediatamente á auga tódolos exemplares capturados que non superen as
dimensións mínimas establecidas pola Consellería de Agricultura, Gandería e
Montes para cada lugar e época. As especies non susceptibles de pesca
devolveranse inmediatamente ás augas de procedencia, sexa cal sexa a súa
dimensión.
2. Entenderase por lonxitude,
nos peixes, a distancia existente desde a extremidade anterior da cabeza ata o
punto medio da parte posterior da aleta caudal ou cola estendida, e, para o
cangrexo, a comprendida entre o ollo e a extremidade da cola tamén estendida.
3. Queda prohibida a pesca,
posesión, circulación, comercialización e consumo dos exemplares que non
alcancen as dimensións mínimas establecidas, agás no caso da anguía, que estará
admitida no seu estado de angula.
Artigo 72º.-Obstáculos naturais.
A Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes poderá acorda-la eliminación dos obstáculos
naturais ou a súa modificación para facilita-la circulación dos peixes ó longo
dos cursos de auga competencia da comunidade autónoma, especialmente nos ríos
salmoneiros e de reos e, cando isto non sexa posible, o emprego dos medios
substitutivos que aseguren o ciclo biolóxico das especies piscícolas nos
distintos treitos do río.
Artigo 73º.-Aproveitamentos hidráulicos.
1. As concesións de
aproveitamento hidráulico deberán, en todo tempo, respecta-lo réxime de caudais
ecolóxicos necesario para facilita-lo normal mantemento da fauna acuática.
2. Toda autorización ou
concesión referente o dominio público hidráulico deberá contar cun informe da
Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.
3. En todas aquelas
concesións de augas que supoñan unha modificación apreciable de caudais
circulantes polo curso fluvial, será preceptiva a determinación actualizada e
xustificada do réxime natural de caudais, así como dos efectos da detracción
sobre o ecosistema acuático.
4. A posta en funcionamento
de instalacións que supoñan a detracción apreciable de caudais dun curso de
auga, tras un período de inactividade de máis de tres anos, requirirá a previa
determinación ou actualización do caudal ecolóxico a través dun procedemento
de avaliación de efectos ambientais.
5. O concesionario dun
aproveitamento hidráulico deberá instalar e manter en bo funcionamento un
sistema que permita medir, en calquera momento, de forma sinxela e coa
suficiente aproximación, tanto o caudal ecolóxico como o derivado cara as súas
instalacións.
6. Para os efectos do
presente regulamento, o caudal de concesión enténdese que e detraído no inicio
da canle de derivación, e non pode ser derivado máis caudal có concedido. As
dimensións das infraestructuras de captación e derivación de nova construcción
serán tales que non permitan a conducción dun caudal maior có concedido. No
caso de instalacións preexistentes, estarán dotadas dun módulo ou calquera outro
dispositivo que limite o caudal derivado ó de concesión.
Artigo 74º.-Caudais ecolóxicos.
1.Entenderase por caudal
ecolóxico a reserva de caudal que necesaria e obrigatoriamente deberá deixarse
circular polo leito dun río para compatibilizar, en cada época do ano, os
efectos das detraccións de auga sobre o ecosistema acuático co mantemento das
comunidades animais preexistentes e, en xeral, co adecuado funcionamento do
citado ecosistema.
Este caudal ecolóxico non
poderá ser obxecto de aproveitamento hidráulico. Nos procedementos para a súa
determinación, deberase solicitar informe preceptivo da Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural.
2.O réxime de caudais
ecolóxicos determinarase considerando as peculiaridades de cada caso, facendo
especial fincapé na morfoloxía do leito, nas necesidades das especies
piscícolas autóctonas do curso fluvial e na fenoloxía natural da conca ou
subconca. O método elixido incluirá estes requisitos e deberá estar
suficientemente contrastado e sancionado pola práctica.
3.O organismo de conca que
determine un caudal ecolóxico concreto deberá respecta-lo concepto de caudal
ecolóxico definido neste regulamento.
Artigo 75º.- Variación dos caudais.
1. Con carácter xeral, toda
variación de caudal dun curso fluvial motivada por calquera tipo de
aproveitamento hidráulico deberase facer paulatinamente, sen cambios bruscos no
réxime de augas: a taxa de variación por minuto non poderá ser maior do 3% do
caudal máximo concedido ou de 250 l/s por minuto, agás no momento de inicia-lo
funcionamento logo dunha interrupción, no que se poderá verter ata un 20% do
caudal de concesión, cun máximo de 1.500 l/s.
No caso de concesións
anteriores á entrada en vigor deste regulamento nas que, debido á
imposibilidade técnica, non poidan graduarse as variacións de caudal segundo o
establecido con carácter xeral, establecerase un acordo coa entidade
concesionaria da explotación no que necesariamente se establezan, para cada
caso, as taxas de variación de caudais, así como os investimentos que a
entidade concesionaria debe realizar anualmente para compensa-las alteracións
producidas no hábitat piscícola. No resto dos casos efectuaranse as
modificacións necesarias para consegui-lo cumprimento do regulamentado no prazo
máximo de doce meses, contados a partir da entrada en vigor do presente
regulamento.
2. Na zona de influencia de
caída de presas, encoros e demais aproveitamentos hidráulicos nos que se liberen caudais que pola súa magnitude
supoñan un perigo para as persoas, o concesionario deberá instalar sinais
acústicos ou luminosos que advirtan suficientemente sobre a apertura inminente
das comportas e o incremento de caudais. A localización e características
técnicas dos sinais serán reguladas polos organismos competentes.
Artigo 76º.- Pasos e escalas.
1. Co obxecto de
facilita-las migracións periódicas dos peixes ó longo dos cursos fluviais,
tódalas presas, diques ou canles deberán te-la pertinente escala, paso,
esclusa, ascensor ou calquera outro dispositivo que permita o seu eficaz
franqueo polas poboacións migradoras, tanto en ascenso como en descenso.
No caso de obstáculos que
dispoñan dun paso ou escala construído de acordo coa normativa anterior a
entrada en vigor da Lei de pesca fluvial, a Dirección Xeral de Montes e Medio
Ambiente Natural poderá efectuar as modificacións precisas para garanti-lo seu
óptimo funcionamento.
2. Nas presas levantadas con
anterioridade a Lei de pesca fluvial, cando debido á imposibilidade técnica non
sexa posible construír un dispositivo de franqueo, estableceranse outras
alternativas baseadas nun proxecto técnico aprobado pola Dirección Xeral de
Montes e Medio Ambiente Natural, sen prexuízo das competencias doutros
organismos.
Nos casos de presas situadas
augas arriba de obstáculos naturais de máis de 5 m de altura, e polo tanto
infranqueables para determinadas especies piscícolas, a devandita dirección
xeral poderá acorda-la suficiencia de dispositivos de franqueo aptos para
especies concretas ou a ausencia deles, agás cando a presa se sitúe a unha
distancia do obstáculo maior de 200 m ou de 10 veces a anchura media do leito
fluvial.
3. Naqueles rios habitados
por salmón ou reo, consideraranse as necesidades destas especies á hora de
deseñar e poñer en funcionamento os dispositivos de franqueo.
4. As solicitudes e os
proxectos de tódalas presas, diques ou canles que se pretendan construír nas
masas acuícolas deberán presentar e, de se-lo caso, executar:
a). Un estudio de avaliación
de impacto ambiental ou, se e o caso, de efectos ambientais, e do réxime
natural de caudais.
b). A previsión da
pertinente escala, paso, esclusa, ascensor ou calquera outro dispositivo que
permita o seu eficaz franqueo polas poboacións migradoras, tanto en ascenso
como en descenso. O proxecto deste dispositivo deberá ser informado pola
Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.
c). As previsións de tipo
constructivo para o mantemento en todo tempo do caudal ecolóxico mínimo polo
leito do río e do que deberá verterse polos dispositivos de franqueo para
asegura-lo seu correcto funcionamento. O caudal que circule polo citado
dispositivo poderá ser unha fracción do caudal ecolóxico e nunca será superior
nin inferior a aquel que garanta o franqueo das especies piscícolas.
5. Unha vez construído o
dispositivo de franqueo, e previamente á aprobación definitiva pola Consellería
de Agricultura, Gandería e Montes, deberase comproba-lo seu correcto
funcionamento, e prever elementos constructivos provisionais que permitan realiza-las
modificacións oportunas e que, posteriormente, se poderán facer definitivos.
Tódalas operacións necesarias para o funcionamento do dispositivo de franqueo e
do dispositivo de liberación do caudal ecolóxico serán executadas polo
concesionario, tanto durante as fases de instalación e mantemento como á hora
de face-las modificacións que a citada consellería estableza.
6. Na colocación do
dispositivo de franqueo terase en conta que a súa chamada sexa suficiente,
tanto augas arriba como augas abaixo. A entrada de augas abaixo disporá dunha
poza no leito do rio que permita o repouso dos peixes e a torna do paso con
facilidade. A saída de augas arriba será directamente ó leito e, en ningún
caso, desembocará na canle de derivación nin nas proximidades do seu inicio.
Os organismos hidráulicos
non autorizarán as obras ou os traballos que se vaian realizar nas masas de
auga da Comunidade Autónoma de Galicia que incumpran o anteriormente
establecido, agás que xustifiquen axeitadamente a imposibilidade da súa
realización, debéndolle solicitar informe previo á Dirección Xeral de Montes e
Medio Ambiente Natural.
Artigo 77º.-
Contaminación das augas.
1. Queda prohibido altera-la
condición natural das augas con calquera tipo de producto contaminante que dane
os ecosistemas fluviais, en especial a fauna acuática.
2. Toda actividade
susceptible de provoca-la contaminación ou degradación das masas de auga
continentais e, en particular, o vertido de augas e de productos residuais,
requirirá autorización administrativa de conformidade coa nominativa vixente.
3. Sempre que algún vertido
poida afecta-la riqueza piscícola ou o ecosistema fluvial, o órgano competente
para a concesión da autorización administrativa deberá demandar ó solicitante a
presentación dun estudio que inclúa análises fisicoquímicas e biolóxicas que
caractericen, ó longo do ano, a calidade da auga na masa de auga afectada, así
como unha avaliación dos efectos do vertido e do grao de mantemento dunhas
condicións mínimas para o desenvolvemento da fauna acuática. O devandito
estudio será remitido á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para
o seu informe.
Artigo 78º. Inspección e control da calidade das
augas.
1. Os axentes da gardería
dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes encargaranse da
toma de mostras para determina-la calidade das augas continentais da Comunidade
Autónoma, sen prexuízo das competencias doutros organismos e das actuacións
doutros corpos que teñan funcións de policía e custodia dos recursos piscícolas
e dos seus hábitats.
2. Cando se proceda a
realizar un control periódico ou a avalia-los efectos dun vertido sobre as poboacións piscícolas, porase tal
circunstancia en coñecemento dun representante da persoa, física ou xurídica,
responsable do vertido, podéndose entender como tal o responsable ou encargado
das instalacións ou da execución das obras ou traballos que xerasen o vertido.
Este representante poderá, se así o desexa, acompañar ós axentes durante o
desempeño da súa función.
3. Nos labores de inspección
e control de vertidos realizaranse in situ as determinacións fisicoquímicas e
as análises biolóxicas que se consideren necesarias. Cando non se dispoña dos
medios necesarios, e a complexidade das análises así o requira ou se sospeite
da existencia de efectos negativos para o ecosistema acuático, procederase a
tomar mostras de auga e, de se-lo caso, mostras de sedimentos, de indicadores
biolóxicos ou de organismos afectadas polo vertido.
4. Para realiza-las análises
e a toma de mostras seleccionaranse tres puntos, un deles augas arriba do
vertido, outro no puto onde as augas do vertido entran no río, e un terceiro
nun punto afectado polo vertido e situado a unha distancia mínima de quince
metros augas abaixo deste. Nestes tres puntos, ademais das mostras que queden
en poder da Administración tomaranse outras que se porán a disposición do
representante do responsable dos vertidos, agás que manifeste que non desexa
recibilas. Así mesmo, para os efectos de caracteriza-lo vertido, determina-lo
treito afectado por el ou avalia-lo grao de alteración do medio acuático, os
axentes da autoridade poderán tomar mostras nos puntos adicionais que coiden
necesarios.
5. Os envases que se empreguen na toma de mostras serán precintados
e etiquetados, e deberá figurar en cada un deles unh clave identificativa da
mostra, a data, o lugar e a hora da mostraxe.
6. As mostras que queden en poder da Administración serán levadas a
un laboratorio dependente dela para a súa análise. Nas análises realizadas nun
laboratorio non dependente da Administración, requirirase que este estea en
posesión do título de empresa colaboradora, establecido na lexislación de
augas, e que xunto os resultados figure o nome, o cargo e a titulación de
tódalas persoas que participasen na manipulación e análise das mostras, así
como a sinatura do técnico responsable do laboratorio.
7. Non obstante o
preceptuado no apartado 2, cando o vertido sexa discontinuo no tempo ou cando
exista o risco de que se produza un cambio voluntario e intencionado das súas
características,os axentes responsables da inspección realizarán a comunicación
preceptiva inmediatamente despois da realización das análises in situ, do
precintado dos envases e da redacción da correspondente acta. Neste caso,
tódalas tarefas realizaranse en presencia de dúas testemuñas que asinarán a
citada acta. De persistiren as circunstancias que motivaron a inspección,
poderán realizarse novas determinacións analíticas ou unha nova toma de mostras
en presencia do representante do responsable do vertido, se este así o demanda.
Todas estas deberán quedar reflectidas na acta que se levante.
8. Cando nas instalacións ou
no lugar das obras ou traballos que xeraran o vertido non se atope ninguén,
remitiráselle ó responsable do vertido unha copia da acta levantada. Neste
mesmo caso, e sempre que estea garantido que os resultados analíticos de
laboratorio non se verán alterados polo paso do tempo, as segundas mostras
quedarán en poder do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, que porá en
coñecemento dos interesados, no menor prazo de tempo posible, a existencia de
tales mostras e poraas á súa disposición durante un prazo de 15 días naturais,
transcorrido o cal entenderase que renuncian á recepción das devanditas mostras.
Artigo 79º.- Actas de toma de mostras e de análises.
Cando se realicen análises
in situ ou toma de mostras, levantarase unha acta na que deberán constar, polo
menos, os seguintes datos:
a). Data e hora.
b). Río, lugar e municipio.
c). Identificación do
responsable dos vertidos, sexa persoa física ou xurídica, e do seu
representante no momento das análises ou da toma de mostras.
d). Instrumental analítico
empregado, se é o caso, e data da última calibración.
e). Resultados de tres
determinacións realizadas en auga fluínte de cada un dos puntos establecidos no
apartado 7, cando se teñan realizado análises in situ
f). Claves identificativas
dos envases empregados na toma de mostras, se é o caso, e especificación dos
puntos de mostraxe ós que corresponden.
g). Apartado de
observacións, onde se farán consta-los motivos da inspección, as alegacións do
representante do responsable do vertido e calquera outra circunstancia que se
considere oportuna
h). Sinatura do
representante do responsable do vertido; farase constar, de se-lo caso, se se
nega a acepta- las mostras de auga ou a asina-la acta.
i). Identificación e
sinatura dos axentes da autoridade actuantes, doutros representantes da
Administración presentes e, se é o caso, das testemuñas. Unha copia da acta
será entregada ó representante do responsable do vertido, e farase constar se
renuncia á súa recepción.
Artigo 80º.- Calidade mínima esixible ás augas continentais.
1. Con carácter xeral, as
augas continentais afectadas por algún tipo de vertido deberán, en todo
momento, cumpri-los criterios de calidade das augas que se reflicten no anexo V
deste regulamento e aqueloutros establecidos pola CEE para os ríos de
salmónidos.
2. Os vertidos non
autorizados e os que incumpran os termos da autorización de xeito que no
segundo punto de mostraxe dos definidos no artigo 78 deste regulamento non
cumpran os criterios de calidade reflectidos no citado anexo V ou os
establecidos pola CEE para ríos de salmónidos, terán a consideración de
infracción administrativa grave das tipificadas no artigo 35.9 da Lei de pesca
fluvial, podéndose esixi-la indemnización que correspondese. Se o vertido
incluíse substancias tóxicas ou perigosas para a fauna piscícola, a infracción
será tipificada de acordo con esta circunstancia.
3. No caso de vertidos
múltiples nos que unicamente o efecto conxunto de todos eles sexa nocivo para a
riqueza piscícola, porase esta circunstancia en coñecemento do organismo que
outorgase as autorizacións e dos responsables dos vertidos para que se adopten
as medidas correctoras oportunas. Unha copia da acta será entregada ó
representante do responsable do vertido, e farase constar se renuncia a súa
recepción.
Artigo 81º.-Alteración de fondos e marxes. .
1. Para o aproveitamento e a
utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas
terase en conta o preceptuado no artigo 16, parágrafo segundo, da Lei de pesca
fluvial e no artigo 56.2 do presente regulamento.
2. Precisarase informe preceptivo
da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para modifica-la vexetación
das beiras e marxes, sempre que esta afecte a zona de servidume das augas
públicas.
O citado informe será
realizado polo Servicio de Medio Ambiente Natural da provincia correspondente.
Nel terase en conta especialmente a estabilidade das beiras dos ríos, a
dispoñibilidade de refuxios para a fauna e as relacións de luminosidade e
sombra que precisan as poboacións acuáticas.
No caso de que o informe
sinale unha incidencia negativa desta modificación sobre as poboacións
piscícolas ou a ecoloxía das augas, o organismo de conca deberá adoptar ou
propoñerlle ó titular do aproveitamento as condicións necesarias para evita-lo
impacto negativo.
3. Cando a modificación
afecte ó cambio de vexetación arbórea ou arbustivo na zona de servidume das
augas, terase en conta o establecido no artigo 16, apartado primeiro, da Lei de
pesca fluvial e no artigo 56.1 deste regulamento. Se se quixesen plantar outras
especies, incluíndo cultivos agrícolas, será preceptiva a autorización do
correspondente Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural.
4. Prohíbese modifica-los
leitos e desvia-lo curso natural das augas públicas sen contar co informe
pertinente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, independentemente
doutros que sexan precisos.
5. Calquera concesión de
extracción de áridos dos ríos deberá contar cun informe da Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes, no que se especifique que a devandita
extracción non supón ningún perigo ou obstáculo para o remonte, a desova ou a
vida da fauna ictícola.
6. Os informes citados nos
dous apartados anteriores serán realizados polo Servicio Provincial de Medio
Ambiente Natural, quen imporá, de se-lo caso, as medidas correctoras, de protección
da fauna acuícola ou de restauración do hábitat que considere pertinentes,
deberán os responsables da realización dos traballos respectar e executa-las
recomendacións efectuadas.
7. Evitarase a realización
de accións que leven consigo a alteración de fondos e marxes nas épocas nas que
se poida afectar a reproducción e posterior desenvolvemento das crías dos
peixes, e escolleranse métodos de traballo que minimicen os riscos para as
poboacións acuáticas. Así mesmo, evitarase entorpece-la actividade da pesca nos
períodos hábiles.
8. Aquelas accións lesivas
para o medio que non se poidan evitar levarán parella a obriga de repoñer,
compensar ou indemniza-la afección dos bens públicos.
Artigo 82º.-Reixas e outros dispositivos de control.
1. En toda obra de toma de
auga, así como á saída das canles de fábricas, muíños ou turbinas, deberá
existir un dispositivo que impida o acceso da poboación ictícola ás ditas
correntes de derivación ou achega.
2. Nas augas habitadas por
salmón ou reo, incluíndo as áreas accesibles mediante sistemas de franqueo, os
dispositivos deberán garantir que a súa eficacia é igual ou superior á dunha
reixa de 2 cm de luz entre platinas. O seu deseño e instalación será tal que
non atrape os peixes máis pequenos de xeito irreversible, evitando que queden
atorados, sexan esmagados contra os devanditos dispositivos pola velocidade da
corrente, ou sexan extraídos da auga polo mecanismo de limpeza sen garanti-la
súa supervivencia.
Nas augas habitadas por
troita residente ou ciprínidos os dispositivos de protección do inicio das
canles de derivación terán unha eficacia demostrada igual ou superior á dunha
reixa de 4 cm de luz entre platinas, e de 2 cm ó final das devanditas canles.
3. Naqueles aproveitamentos
hidroeléctricos mediante turbinas nas que o funcionamento sexa compatible co
paso das poboacións ictícolas a través delas cunha alta porcentaxe de
supervivencia, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural poderá
aprobar solucións alternativas ós dispositivos de interdicción establecidos
anteriormente.
Nos casos nos que as medidas
contidas no punto 2 se demostren insuficientes, deberanse implantar
dispositivos máis selectivos, ben durante todo o ano ou ben na época de baixada
de xuvenís, combinando, de se-lo caso, esta protección con dispositivos de
restitución dos peixes ó curso principal do río.
4. Os donos ou
concesionarios están obrigados á instalación dos dispositivos de protección da
fauna, a facilita-la inspección e control do funcionamento, a mantelos operativos
e a corrixi-los desaxustes detectados.
5. Os dispositivos de
interdicción das canles de restitución deberán evita-lo acceso dos peixes ó seu
interior; farase especial énfase en evita-la desorientación das especies
migradoras con respecto ó curso principal, de xeito que non se produza
aglomeración de peixes diante da saída da canle e que estes sexan guiados cara
ó leito principal. Para isto, o caudal aparente da canle de restitución deberá
ser menor có do leito principal, instalando dispositivos de amortecemento ou
crebaondas que rebaixen a velocidade das augas.
Artigo 83º. Esgotamento de masas de auga.
1. Agás circunstancias
excepcionais, sempre que un particular ou unha entidade concesionaria dun
aproveitamento hidráulico vaia proceder á anulación ou ó baleirado, total ou
parcial, dunha masa de auga na que exista poboación ictícola que poida verse
afectada pola reducción ou desaparición da masa de auga, deberallo comunicar
cunha antelación mínima dun mes ó órgano competente, que deberá notificarllo
inmediatamente a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para que esta
estableza as medidas que deberán de adoptarse co obxecto de protexe-la citada
poboación. En todo caso, deberase practica-la devandita comunicación sempre que
o volume de auga baleirado sexa maior có 80% do volume máximo da masa de auga.
2. As medidas citadas serán
fixadas polo Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, que vixiara e
coordinará a súa execución e, logo da adopción das medidas previas, autorizará
a anulación ou o baleirado coas condicións que garantan a protección e
conservación da fauna acuática.
3. Os gastos derivados da
toma de medidas necesarias para evitar mortandade de peixes ou riscos para a
riqueza piscícola correrán por conta do concesionario, que igualmente será
responsable dos danos e perdas ocasionados.
4. No caso concreto de
canles de derivación, non será necesario o devandito aviso no caso de descensos
de nivel ocasionados por interrupcións nas operacións de producción que non
poidan preverse coa dita antelación mínima dun mes, sen prexuízo das
responsabilidades derivadas das mortandades ou danos que se lles puidesen
causar as poboacións piscícolas.
TÍTULO
IV
O
control e a policía das augas continentais
Artigo 84'.-Axentes da gardería.
1. Sen prexuízo do
establecido na lexislación vixente, e malia as demais misións que desempeñen,
os axentes da gardería dependente da Consellería de Agricultura, Gandería e
Montes encargaranse especificamente de velar polo cumprimento dos preceptos establecidos
na Lei de pesca fluvial e neste regulamento, e de denuncia-las infraccións que
contra os devanditos preceptos se produzan, tendo, para tales efectos, a
consideración de axentes da autoridade.
2. Os feitos constatados
polos axentes da autoridade, e que se formalicen en documento público que
recolla os requisitos legais pertinentes, terán valor probatorio, sen prexuízo
das probas que en defensa dos respectivos dereitos e intereses poidan sinalar
ou presenta-los propios administrados.
3. Para o cumprimento das
súas funcións, e sempre que as circunstancias de cada caso o aconsellen, os
axentes da gardería solicitarán o apoio necesario das Forzas e Corpos de
Seguridade do Estado, da Policía Autonómica ou de calquera outro corpo que teña
funcións de policía e custodia dos recursos piscícolas e dos seus hábitats.
Artigo 85º.-Vixilantes xurados de pesca fluvial.
1. A Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes poderalles outorga-lo título de vixilante xurado
de pesca fluvial ás persoas que cumpran os requisitos legalmente establecidos,
co obxecto de colaborar no cumprimento do disposto na Lei de pesca fluvial e no
presente regulamento cos axentes da gardería, coa Policía Autonómica e, se é o
caso, coas Forzas de Seguridade do Estado ou de calquera outro corpo que teña
funcións de policía e custodia dos recursos piscícolas e dos seus hábitats.
Para estes efectos, terán a consideración de axentes da autoridade.
2. Os concesionarios de
calquera tipo de aproveitamento piscícola que deban ou desexen ter vixilantes,
solicitarán o nomeamento deles como vixilantes xurados de pesca fluvial. Nestes
casos deberase acredita-la relación laboral existente entre os concesionarios e
os vixilantes, e será por conta dos primeiros tódolos gastos derivados da
prestación dos servicios de vixilancia, incluíndo salarios, cotizacións e
equipamento. Estes vixilantes quedarán obrigados a respectar e acata-las
directrices e normas que dicte o Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural
e terán o seu ámbito de actuación restrinxido ós límites da concesión.
Artigo 86º.- Nomeamento e cesamento dos vixilantes
xurados de pesca fluvial.
1. Para obte-lo nomeamento
de vixilante xurado de pesca fluvial, deberanse cumpri-los seguintes
requisitos:
a). Ser español e maior de
idade.
b). Non ter sido sancionado
pola comisión dunha infracción menos grave, grave ou moi grave das tipificadas
na Lei de pesca fluvial de Galicia ou nas súas equivalentes do resto de Estado.
c). Estar en posesión do
carné de conducir tipo B-1
d). Non padecer defecto
físico ou psíquico incompatible co desempeño das funcións de vixilancia
e). Acreditar coñecementos
suficientes sobre as normas reguladores da pesca fluvial, a potestade
sancionadora da Administración, os ecosistemas fluviais, a bioloxía das
especies piscícolas, e as artes, cebos e modalidades de pesca.
f). Superar unhas probas
físicas que acrediten a aptitude para exerce-las funcións de vixilancia.
2. O expediente para o
nomeamento de vixilantes xurados de pesca fluvial será iniciado nos servicios
provinciais de Medio Ambiente Natural, onde tamén se realizarán tódalas probas
anteriormente establecidas.
3. Os vixilantes serán
nomeados pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural por un período
máximo de cinco anos. Xunto co nomeamento expediráselles un carné acreditativo
que será renovado anualmente no servicio provincial do que dependa cada
vixilante.
4. O cesamento ou suspensión
das funcións dos vixilantes será acordado pola dirección xeral, logo da incoación
do oportuno expediente no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. En
calquera caso, a finalización ou rescisión do contrato laboral de vixilancia
dará lugar automaticamente á anulación do nomeamento.
TÍTULO
V
Prohibicións,
infraccións, sancións e procedemento sancionador
Capítulo
I
Prohibicións
Artigo 87º.-Prohibicións en beneficio da pesca.
Queda prohibido en tódalas
augas continentais da Comunidade Autónoma galega:
1. Pescar con cana ou outras
artes en época de veda.
2. 0 emprego con fins de
pesca de:
a). Calquera material
explosivo ou substancia que o contacto coa auga produza explosión.
b). Toda substancia velenosa
para a poboación ictícola ou desosixenadora das augas.
c) . A enerxía eléctrica.
3. Bater nas augas, guindar
pedras ou espantar de calquera xeito os peixes para obrigalos a fuxir en
dirección das artes propias ou para que non caian nas alleas, así como ceba-las
augas para atrae-los peixes ás artes propias.
4. Pescar, con calquera tipo
de arte, nas canles de derivación ou de rega.
5. Pescar a man, con arma de
fogo, golpea-las pedras que ]les sirvan de refuxio os peixes, así como a
práctica da pesca subacuática.
6. Reducir arbitrariamente o
caudal das augas, altera-los leitos e destruí-la vexetación acuática ou de
ribeira.
7. A pesca de salmóns e de
reos durante o seu descenso ó mar unha vez realizada a desova.
8. Deteriorar, inutilizar ou
trasladar sen autorización da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes os
aparellos de incubación artificial que estean instalados nas augas
continentais. Destruí-los desovadoiros, enturba-las augas ou guindar materiais
que os prexudiquen.
9. Pescar salmóns ou reos
nas rías e augas marítimas interiores competencia da Comunidade Autónoma.
10. Pescar durante a
costeira do salmón e reo nas entradas dos ríos ou nas zonas de paso destes.
11. Facer seguimento dos
desprazamentos de salmóns e reos por calquera sistema ou instalar medios que os
detecten, salvo cando se conte con autorización expresa da Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes.
12. Empregar calquera outro
procedemento de pesca que sexa declarado nocivo pola Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes.
13. A práctica de
actividades recreativas ou deportivas distintas da pesca naquelas masas de auga
declaradas como coutos de pesca, vedados de pesca, desovadoiros ou de especial
interese para a riqueza piscícola, salvo cando se conte con autorización do
Servicio Provincial de Medio Ambiente
Artigo 88º.-
Obstáculos, instrumentos, artes e aparellos prohibidos.
1. Queda prohibida a
construcción ou colocación de calquera tipo de obstáculo, permanente ou
transitorio, que sirva para encamiña-la pesca para a súa captura.
2. En augas continentais da
Comunidade Autónoma galega non se poderá utilizar ningún tipo de rede ou
artefacto de malla, excepto as nasas utilizadas na pesca de anguías e lampreas,
sen que en ningún caso se poida supera-lo número de dez por pescador. As formas
e dimensións que deberán ter estas nasas, así como a distancia da beira á que
poderán colocarse, determinaranse nunha regulamentación específica da pesca
profesional en augas continentais, poderase restrinxir ou mesmo prohibir
temporalmente O seu uso.
Para a pesca da lamprea, da
angula e da anguía autorizaranse cotas de captura anuais a asociacións
profesionais de pescadores, logo de aprobación dun plan de aproveitamento
específico para cada conca fluvial. Deste mesmo xeito poderán regularse os
aproveitamentos de especies de augas salgadas en zonas de desembocadura.
Cando nalgún curso fluvial
existan razóns que así o aconsellen, a Consellería de Agricultura, Gandería e
Montes poderá autoriza-lo uso de redes ou artefactos de malla durante períodos
determinados e en tramos concretos. Nos encoros que se atopen invadidos por
especies non salmónidas o nos que o seu control ou aproveitamento comercial
sexa desexable, poderase autoriza-la pesca con rede.
Tamén se permitirá, para a
pesca do cangrexo, a utilización de trueiros e redefoles, no número que se
estableza, que nunca será superior a dez por pescador.
3. Queda prohibida a pesca
durante a noite, agás para lamprea, angulas e anguías, naqueles lugares onde o
autorice a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Enténdese por pesca
nocturna a que se practica no período comprendido entre unha hora despois da
posta do sol e unha hora antes da saída. As artes empregadas nestes casos só
serán aptas para a pesca das especies citadas. A Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes establecerá as horas hábiles para cada temporada de pesca,
especie e masa de auga.
4. Prohíbese o uso de
artefactos luminosos con fins de pesca agás para a anguía e a lamprea que
deberán contar cunha autorización especial para cada temporada de pesca.
5. Non se permitirá para
pescar a utilización de aparellos punzantes, agás na pesca da lamprea desde
pontóns e logo de autorización da Consellería de Agricultura, Gandería e
Montes. Así mesmo, non se poderán utilizar artes de tirón e áncora, calquera
que sexa a súa forma.
6. Queda prohibido o uso de
cordeis, sedelas dormentes e palangres.
7. Prohíbese pescar con
calquera clase de artes fixas, como redes de cope, voitiróns, e, especialmente,
coas chamadas de parada para troitas, aínda que non se suxeiten a estacas,
caneiros ou cercas.
CAPITULO
II
Infracción
e sancións
Artigo 89º.- Clasificación
As infraccións ós preceptos
da Lei de pesca fluvial e do presente regulamento clasificaranse en leves,
menos graves, graves e moi graves.
Artigo 90º.-Infraccións leves.
Terán a consideración de
infraccións leves e serán sancionadas con multa de ata 50.000 pesetas as
seguintes:
1. Pescar sendo titular
dunha licencia válida de pesca cando non se leve consigo esta e un documento
acreditativo da súa identidade.
2. Pescar nun tramo acoutado,
sendo titular do permiso regulamentario, cando non se leve consigo o devandito
permiso.
3. Non garda-las distancias
establecidas durante a práctica da actividade pesqueira, sen prexuízo do
establecido no artigo 91.6 deste regulamento.
4. Pescar con máis canas das
permitidas, con útiles auxiliares non autorizados ou con anzois, cebos ou
modalidades de pesca legais pero non autorizados para determinada especie e
masa de auga.
5. Pescar entorpecendo ou
molestando a outros pescadores cando estivesen previamente pescando.
6. Non gardar, respecto
doutros pescadores, mediando requirimento previo, unha distancia de 40 metros
cando se pesca con ova, 30 metros con cola de rata ou 10 metros con outras
modalidades de pesca.
7. Deixar transcorrer máis de
media hora sen cede-lo seu posto ou pozo a un pescador de salmón que o
requirise para facelo, se ó transcorre-lo devandito prazo non se trabase un
exemplar.
8. Bañarse, navegar con
lanchas ou embarcacións de recreo ou realizar actividades expresamente
prohibidas entorpecendo a práctica das actividades reguladas pola Lei de pesca
fluvial e o presente regulamento, onde o desenvolvemento de tales actividades
fose declarado e sinalado como preferente, e en todo caso nos acoutados, nos
vedados, nos desovadoiros e nas masas de auga de especial interese para a
riqueza piscicola.
9. Non respecta-las
limitacións de número, peso ou tamaño fixadas pola Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes para as capturas ou as prescricións especiais dictadas pola
devandita consellería para determinados treitos ou masas de auga, agás que se
proceda inmediatamente á devolución ás augas de orixe dos exemplares,
Artigo 91º.-Infraccións menos graves.
Terán a consideración de
infraccións menos graves e serán sancionadas con multa comprendida entre 50.001
e 500.000 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca, e para o
exercicio desta actividade durante un ano, as seguintes:
1. Pescar sen as preceptivas
licencias de pesca.
2. Empregar para a pesca
embarcacións ou aparellos boiantes legais que non estean provistos da matrícula
expedida pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
3. Utilizar, para extraer ou
sacar da auga salmóns ou reos legalmente pescados, ganchos ou outros elementos
punzantes que produzan feridas nos peixes.
4. Ter nas marxes, ribeiras
ou beiras do río redes ou artefactos de uso prohibido e productos tóxicos ou
explosivos cando non se xustifique razoadamente a súa aplicación a mesteres
distintos da pesca.
5. Pescar cangrexos con
artes non permitidas ou empregando a vez cada pescador máis trueiros, redefoles
ou arañas dos que a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes determine.
6. Pescar con cana ou outras
artes autorizadas en zonas ou lugares vedados ou onde estea prohibido facelo.
7. Pescar con cana en ríos
salmoneiros e de reos de xeito que o pescador ou o cebo se sitúen a menos de 50
metros do pé das presas, agás as somerxidas, ou das entradas e saídas das
escalas ou dos pasos, ou nas canles de restitución de auga de instalacións
legalmente autorizadas, a excepción da pesca con mosca ortodoxa a menos de 20
metros.
8. Pescar con cana ou outras
artes autorizadas en época de veda.
9. Pescar facendo uso de
luces que faciliten a captura das
especies, agás no caso de autorizacións especiais para a pesca da
anguía, a angula e a lamprea.
10. Pescar en tramos
acoutados sen estar en posesión do permiso regulamentario.
11. Pescar á man.
12. Remover ou pertuba-las
augas con ánimo de espanta-los peixes e facilita-la súa captura.
13. Empregar cebos de uso
non permitido ou ceba-las augas con fins de pesca, excepto nas zonas en que
isto fose autorizado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
14. Non restituír
inmediatamente as augas os pintos de salmón, estivesen ou non con vida, ou
calquera peixe que non fose capturado pola simple mordedura do cebo, senón da
trabada do anzol en calquera parte do corpo deste, así como non restituír
inmediatamente ás augas de orixe calquera peixe capturado por dispositivos de
aproveitamento hidráulico.
15. Non respecta-las
prescricións contidas nas concesións ou autorizacións outorgadas polas
autoridades competentes, nas materias propias da Lei de pesca fluvial.
16. Empregar para a pesca de
anguías e lampreas máis nasas das autorizadas por pescador ou de dimensións de
malla menores das autorizadas.
17. A tenza, o transporte ou
o comercio de salmóns e reos pescados no seu retorno cara o mar despois da
desova.
18. A transgresión das
obrigas derivadas do disposto no artigo 27 da Lei de pesca fluvial e no 83
deste regulamento.
19. Negarse a mostra-lo
contido dos cestos, embornais ou recipientes, así como os aparellos empregados
para a pesca ou negarse á ocupación das pezas ou ó comiso das artes empregadas
cando sexa requirido por axentes da autoridade competentes en policía, control
e vixilancia das augas e da fauna acuícola.
20. Descompoñe-los fondos ou
leitos dos ríos afectando a zonas de cría e reproducción da fauna acuícola.
21. Cortar, destruír ou
modificar de xeito significativo a vexetación acuícola e de ribeira sen
autorización da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sen prexuízo do
que estableza a lexislación especial; para estes efectos entenderase como
modificación significativa o depósito de restos vexetais, producto de de
cortas, nos leitos e zonas de servidume.
22. Extraer gravas,
cascallos, arcas e outros áridos dos leitos sen autorización ou incumprindo as
condicións que, para efectos piscícolas, estableza a Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes de acordo co establecido nos artigos 25.4 da Lei de pesca
fluvial e 81.4 e 81.5 deste regulamento, sempre que non afecte a desovadoiros.
23. Guindar ou verter ás
augas ou nas súas inmediacións lixo, inmundicias, desperdicios ou calquera
outra substancia similar ás anteriores, sempre que sexan susceptibles de
causarlles danos ós seres acuáticos, sen prexuízo do disposto na lexislación
medioambiental.
24. A posesión, o transporte
ou a comercialización de especies acuícolas, agás salmónidos, de tamaño menor ó
regulamentario, ou de tamaño legal en época que estea vedada a súa pesca ou
prohibida a súa comercialización, ou que non vaian amparadas polas guías, os
precintos ou os sinais regulamentarios.
25. Entorpecérlle-la inspección
de barcas, vehículos, muíños, fábricas, lonxas e demais dependencias non
destinadas a vivendas ós axentes da autoridade competente en policía, control e
vixilancia das augas e da fauna acuícola, cando se sospeite fundadamente a
existencia de medios ou substancias prohibidas ou especies que polo seu tamaño,
época ou calquera outra circunstancia teñan prohibida a súa posesión.
26. Entorpece-las servidumes
de paso polas ribeiras e marxes establecidas en beneficio ou para o uso dos
pescadores.
27. Utilizar lentes
subacuáticos ou outros métodos que permitan localiza-los peixes desde dentro da
auga e facilita-la súa pesca.
28. Colocarse de vixía
durante a costeira do salmón e reo para rexistrar e avisa-lo seu paso con fins
de pesca ou valerse doutros medios para segui-los desprazamentos destes así
como vixia-la presencia ou o movemento dos axentes da autoridade para
facilita-la pesca fraudulenta practicada por outros pescadores.
29. Entorpece-lo bo
funcionamento das escalas ou dos pasos de peixes.
30. Non conservar en bo
estado e funcionamento as reixas ou outros dispositivos de control instalados
con fins de protexe-la riqueza piscícola, cando disto se derive o non
cumprimento da súa función, ou quitar ou manipula-los precintos colocados neles
pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
31. Non manter en perfecto
estado de conservación e funcionamento, así como non realiza-las modificacións
necesarias nas obras ou dispositivos realizados polos concesionarios por
instancia da Administración cando estas obras fosen executadas co fin de
harmoniza-los, intereses hidráulicos e piscícolas.
32. Colocar nas presas
táboas ou outros materiais co fin de
altera-lo nivel das augas ou o caudal do rio, a menos que haxa unha aut
orización para facelo outorgada polo organismo competente.
33.Derrubar, danar ou
cambiar de lugar os fitos ou chantos indicadores de deslindes de xurisdiccións,
competencia ou propiedade, así como os carteis de tramos acoutados, vedados,
zonas de baño, desovadoiros e outros sinais colocados pola Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes ou por outro organismo autorizado.
34. Poñer en funcionamento
viveiros, criadeiros ou centros de piscicultura ou astacicultura sen a debida
autorización da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
Artigo 92º. Infraccións graves.
Terán a consideración de
infraccións graves e serán sancionadas con multa comprendida entre 500.001 e
5.000.000 de pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade,
durante un período dun ano e un dia a tres anos, as seguintes:
1. Pescar no interior das
escalas ou dos pasos de peixes.
2. Practica-la pesca con
redes en augas continentais sen estar en posesión da correspondente
autorización concedida pola
Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes.
3. Pescar con redes nas
inmediacións das desembocaduras dos rios salmoneiros ou de reos, ou nos lugares
de paso destes nas épocas prohibidas pola Consellería de Agricultura, Gandería
e Montes ou a competente en materia de pesca marítima e marisqueo.
4. Pescar dentro dos límites
das rías e augas marítimas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia salmón
ou reo.
5. Pescar utilizando
artefactos ou instrumentos de uso prohibido, tales como cordeis, sedelas
dormentes, tridentes, arpóns, fisga (agás autorización para lamprea), setas,
grampíns, arpóns de catro ou seis puntas, bingo, pesca subacuática, armas de
fogo ou de aire comprimido e embarcacións non permitidas.
6. Pescar utilizando peixes
vivos como cebo, cando a especie que serve de cebo non estivese presente de
forma natural na masa de auga onde se está pescando.
7. Destruír ou alterar
desovadoiros debidamente sinalizados ou declarados como tales en publicación
oficial.
8. Pescar exemplares por
persoa non autorizada nas estacións de captura, piscifactorías, canles de cría
ou outros análogos.
9. Provoca-lo enturbamento
nas augas continentais mediante a incorporación ou remoción de áridos, arxilas,
entullos, limos, residuos orgánicos ou industriais ou calquera outra clase de
substancia que altere as súas condicións de habitabilidade piscícola, con dano
para esta riqueza, sen a correspondente autorización expresa, que requirirá
informe preceptivo do órgano ambiental competente en materia piscícola, ou
incumpri-los límites establecidos na autorización de vertido. Entenderase que
son alteradas as condicións de habitabilidade piscícola, con dano para esta
riqueza, cando os parámetros de calidade das augas non se atopen dentro dos
rangos de variación establecidos no anexo V ou nos que establece a CEE para
ríos de salmónidos.
10. A formación de entullos
en lugares que, pola súa proximidade ás augas ou ós leitos, sexan susceptibles
de ser arrastrados por estas ou levados pola chuvia, co con seguinte dano para
a poboación ictícola: Entenderase que incorre nesta infracción calquera tipo de
obra nos leitos dos ríos ou nas súas proximidades que cause dano a riqueza
piscícola, salvo que reúnan as debidas garantías para impedir que se produzan
danos a riqueza piscícola e fosen autorizadas polo órgano hidráulico da conca
correspondente.
11. Construír barreiras de
pedras ou outros materiais, estacadas, cercados, atallos, caneiras, canizais ou
pesqueiras con fins directos ou indirectos de pesca, así como colocar nos ríos
artefactos designados para este fin, salvo os autorizados pola Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes.
12. Non cumpri-las
condicións fixadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a
defensa, a conservación ou o fomento da riqueza piscícola, cando aquelas fosen
determinadas mediante acto que adquirise firmeza.
13. Non instala-las reixas
regulamentarias ou os dispositivos de control nas canles, nos regos e nas
presas de derivación ou desaugamento e similares.
14. A Posesión, o transporte
e o almacenamento de salmón ou reo sen os precintos e as guías preceptivas.
15. A comercialización de
toda especie de salmónidos en calquera época do ano, cando non procedan de
centros industriais ou cando, procedendo destes, non vaian debidamente
identificados de xeito que permitan o seu control de procedencia.
16. A resistencia ou a
negativa a facilita-las inspeccións en locais públicos por calquera axente da
autoridade co obxecto de efectua-las comprobacións oportunas sobre as posibles
infraccións ó artigo 10.3 da Lei de pesca fluvial e 50.6 deste regulamento.
17. Pescar cando medie
resolución firme que inhabilite ó interesado para o exercicio da pesca.
18. Introducir nas augas
continentais e transportar con estes fins ovos ou exemplares de peixes ou
cangrexos outros seres vivos piscícolas sen a correspondente autorización e
control sanitario da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
19. Pescar durante as horas
que estea prohibido facelo.
Artigo 93º.-Infraccións moi graves.
Terán a consideración de
infraccións moi graves e serán sancionadas con multa comprendida entre
5.000.001 e 50.000.000 de pesetas e a inhabilitación para a obtención da
licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade, durante un período de
tres anos e un dia a dez anos as
seguintes:
1. Pescar facendo uso de
enerxía eléctrica, productos tóxicos ou desosixenantes, naturais ou
artificiais, e explosivos ou substancias que ó contacto coa auga fagan
explosión, salvo autorización expresa da Consellería de Agricultura, Gandería e
Montes.
2. A non observancia do
establecido no artigo 23 da Lei de pesca fluvial e 76 deste regulamento,
referentes ós pasos e ás escalas.
3. A inobservancia dos
caudais ecolóxicos establecidos, salvo autorización expresa.
4. O vertido incontrolado de
residuos tóxicos e perigosos para a fauna acuícola nas marxes e nos leitos.
5. A obstrucción á
inspección e ó control sobre a producción, transporte, almacenamento,
tratamento, recuperación e eliminación de residuos tóxicos e perigosos que
teñan ou poidan ter incidencias sobre a calidade das augas e biocenose dos
cursos fluviais e das masas de augas da Comunidade Autónoma.
6. O falseamento de calquera
dato referido ás operacións de producción e xestión de residuos tóxicos e
perigosos, así como a negativa a subministra-la información solicitada pola
Administración pública competente.
7. Esgotar ou diminuír
notablemente o volume de auga dos encoros e das canles, así como a circulante
polo leito dos rios, sen autorización, ou o incumprimento das condicións que
para estes efectos se fixasen cando deste se deriven danos á riqueza piscícola.
8. Altera-lo caudal dun
leito fluvial sen cumpri-lo establecido no parágrafo terceiro do artigo 22 da
Lei de pesca fluvial e no artigo 75.1º deste regulamento.
9. Repoboar ou introducir
nas augas continentais especies acuícolas sen a autorización da Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes.
10. Instalar ou trasladar,
sen permiso da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e das entidades ou
dos particulares autorizados para facelo, as piscifactorías, as estacións de
captura, os aparellos de incubación artificial, os capturadeiros ou outros
análogos, así como o seu dano ou prexuízo.
Artigo 94º.-Sancións a explotacións industrias.
No caso concreto de
explotación ou construcción de viveiros ou centros de piscicultura ou de
instalacións destinadas en xeral a algunha das actividades a que se refire a
Lei de pesca fluvial ou este regulamento sen a debida autorización da
Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, cando esta sexa necesaria, a
sanción levará sempre aparellada a suspensión das actividades e, se é o caso, o
peche definitivo da instalación se non reunise os requisitos para ser autorizada,
así como a obriga de repoñer ó seu estado inicial os leitos e as masas
acuícolas afectados.
Artigo 95º.-Gradación das sancións.
1.Serán circunstancias que
hai que ter en conta para a gradación das sancións que se poidan impoñer nas
distintas clases de infraccións:
a. A intencionalidade.
b. O dano producido á
riqueza piscícola ou ó seu hábitat.
c. A reiteración ou
reincidencia.
d. A agrupación ou
organización para comete-la infracción.
e. O beneficio económico
perseguido.
f. A irreversibilidade do
dano no ben protexido.
2. Tamén se poderán ter en
conta os principios recollidos na Lei de protección ambiental de Galicia.
3. Se un só feito constitúe
dúas ou máis infraccións administrativas, impoñerase a sanción que corresponda á
de maior gravidade.
CAPÍTULO
III
Procedemento
sancionador
Artigo 96º .-Competencia
Correspóndelle á Consellería
de Agricultura, Gandería e Montes o coñecemento e a resolución dos expedientes
instruídos por infraccións dos preceptos obxecto da Lei de pesca fluvial e
deste regulamento.
Artigo 97º.-Procedemento.
O procedemento sancionador
axustarase á Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común e disposicións concordantes, coas !1 especialidades recollidas na Lei de pesca
fluvial e no presente Regulamento.
Artigo 98º.-Iniciación e instrucción.
1. A iniciación e
instrucción dos expedientes sancionadores correspóndelles ás delegacións
provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, por propia
iniciativa ou como consecuencia de orde superior, petición razoada doutros
órganos ou denuncia.
2. As denuncias e as
peticións razoadas presentaranse por escrito, e nelas deberá figurar: a) A
identidade da persoa que as presenta.
b). Os datos que permitan a
identificación dos presuntos responsables.
e). O relato das conductas
ou feitos que puidesen constituír infracción.
d) .A data, a hora e o lugar
de comisión dos feitos.
e). De se-lo caso, a
descrición das artes comisadas, a especificación do lugar de depósito, a
descrición do tipo de cebos empregados e mailo número de peixes ocupados, con
mención das especies, dos tamaños e do lugar de destino.
f). A sinatura dos
denunciantes.
3. No caso de infraccións
constatadas por axentes da autoridade, entregaráselle ó denunciado, de ser
posible, un duplicado do oficio que se curse, e farase constar, de se- lo caso,
as circunstancias que o impedisen.
4. O oficio de denuncia ou a
petición que se remita ó órgano competente para inicia-lo expediente irá
acompañado, de se-lo caso, dos seguintes documentos:
a) Actas de toma de mostras.
b). Xustificantes de entrega
de comisos e ocupacións.
c). Informe relativo a todas
aquelas circunstancias que puidesen resultar de relevancia e que non fosen
reflectidas no oficio de denuncia máis que de xeito resumido.
5. A formulación dunha
petición non vincula ó órgano competente para inicia-lo procedemento
sancionador, aínda que este deberá comunicar ó órgano que a formulara os
motivos polos que, de se-lo caso, non procede a iniciación do procedemento.
Igualmente, cando se presente unha denuncia, deberáselle comunicar ó
denunciante a iniciación ou non do procedemento.
Artigo 99º.-Actuacións previas.
1. Con anterioridade á
iniciación do procedemento, poderanse realizar actuacións previas co obxecto de
determinar con carácter preliminar se concorren circunstancias que xustifiquen
tal iniciación. En especial, estas actuacións orientaranse a determinar, coa
maior precisión posible, os feitos susceptibles de motiva-la incoación do
procedemento, a identificación da persoa ou persoas que puidesen resultar
responsables e as circunstancias relevantes que concorran nuns e noutros.
2. As actuacións previas
serán realizadas polos órganos que teñan atribuídas funcións de investigación,
averiguación e inspección na materia e, no seu defecto, pola persoa ou órgano
administrativo que determine o órgano competente para a iniciación do
procedemento.
Artigo 100º.- Vinculación coa orde xurisdiccional
penal.
1. Cando as accións ou
omisións obxecto da infracción poidan ser constitutivas de delictos ou faltas,
o órgano competente daralle traslado dos feitos á autoridade xudicial, e
solicitará comunicación sobre as actuacións adoptadas.
2. Neste caso, se se incoase
expediente administrativo, quedará en suspenso mentres non recaia resolución
xudicial firme.
3. Se a autoridade resolvese
que as accións ou omisións non constitúen delicto ou falta, alzarase a
suspensión do expediente administrativo e continuarase o procedemento ata a súa
resolución. En todo caso, os feitos declarados probados por resolución xudicial
penal firme vinculan os órganos administrativos respecto dos procedementos
sancionadores que se substancien.
4. A tramitación das dilixencias
xudiciais interromperá a prescrición das infraccións, accións e
responsabilidades, así como o cómputo dos períodos de caducidade do expediente.
Artigo 101º.-Resolución dos expedientes.
1. A resolución dos citados
expedientes corresponderá:
a). No suposto de
infraccións leves e menos graves, ó delegado provincial da Consellería de
Agricultura, Gandería e Montes.
b). No suposto de
infraccións graves, ó director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.
c). No suposto de
infraccións moi graves, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
2. A resolución destes
expedientes, ademais da sanción que se é o caso proceda, levará aparelladas as
medidas que se fixen para minorar ou
soluciona-los efectos negativos causados.
Artigo 102º.-Reparación de danos.
Os infractores ós preceptos
da Lei de pesca fluvial e do presente regulamento quedan obrigados a repara-lo
dano ou a asumi-lo custo derivado da reparación, se esta fose efectuada pola
Administración.
Artigo 103º.-Recursos.
Contra as resolucións
dictadas polas autoridades facultadas para sancionar poderanse interpoñe-los
recursos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e
do procedemento administrativo común. A resolución do conselleiro de Agricultura,
Gandería e Montes poralle fin á vía administrativa.
Artigo 104º.-Multas coercitivas.
Cando os infractores viñesen
obrigados a reparar persoalmente o dano ou a non efectuar unha actividade en
beneficio do ben xurídico protexido e incumprisen a dita obriga, poderán ser
obxecto de reiteradas multas coercitivas ata consegui-lo seu cumprimento.
A primeira imposición da
multa caberá, cando transcorrese o prazo fixado na resolución administrativa,
para a satisfacción da obriga. Aquela repetirase cada vez que transcorra un
prazo similar sen efectuarse a reparación ou abstención.
A contía das multas
coercitivas será un tercio da sanción pecuniaria imposta con motivo da
infracción.
Artigo 105º.-Prescrición e caducidade.
1. As infraccións ós
preceptos da Lei de pesca fluvial e do presente regulamento prescribirán, as
leves e menos graves ós seis meses, e as graves e moi graves ós doce meses,
contados desde a data da súa comisión, se antes de transcorre-lo devandito
prazo non se lle notificou ó presunto infractor a incoación do expediente
sancionador ou se, ó iniciarse, se producise a paralización das actuacións por
tempo superior ós anteditos prazos por causa non imputable ó denunciado.
2. Cando a infracción fose
continuada, o cómputo do prazo de prescrición iniciarase a partir do momento no
que se produce o último acto co que a infracción se consuma.
3. De non recaer resolución
transcorrido un ano desde a iniciación do expediente, tendo en conta as
posibles interrupcións do cómputo por causas imputables ós interesados ou pola
suspensión do procedemento a que se retire o artigo 100 desde regulamento,
iniciarase o cómputo do prazo de caducidade establecido na Lei de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido
o prazo de caducidade, o órgano competente emitirá, por solicitude do
interesado, certificación na que conste que caducou o procedemento e foron
arquivadas as actuacións.
4. As responsabilidades
derivadas de infraccións recollidas na Lei de pesca fluvial ou no presente
regulamento prescriben ós dous anos, contados a partir da data na que a sanción
sexa firme.
CAPITULO
IV
Indemnizacións
e comisos
Artigo 106º.-Indemnizacións.
1. As sancións serán
compatibles coa esixencia ó infractor da indemnización correspondente polos
danos e perdas que se lles causasen á riqueza ictícola ou o medio que a
substenta.
2. Os servicios de Medio
Ambiente Natural procederán á valoración en cada caso dos danos e prexuízos
causados pola infracción tendo en conta o potencial productivo da masa de auga
e os parámetros recollidos no anexo VI deste regulamento.
3. Sen prexuízo dos baremos
recollidos no anexo VI, as indemnizacións poderán ser avaliadas e cuantificadas
por outros procedementos baseados en métodos técnicos, que se determinarán e
motivarán durante a tramitación.
4. En caso de que a
infracción afecte a un couto que sexa explotado por un organismo, sociedade ou
particular distinto da Administración, deberáselle aboa-la indemnización por
danos e perdas
5. O importe das
indemnizacións deberase destinar a melloras para palia-los danos ocasionados a
masa fluvial.
Artigo 107º.-Ocupación de pezas.
1. Toda infracción ó
establecido na Lei de pesca fluvial e neste regulamento levará consigo a ocupación
das pezas, vivas ou mortas, obxecto da devandita infracción.
2. Se as pezas ocupadas
tivesen posibilidades de sobrevivir, o axente denunciante devolveraas ó seu
medio, a ser posible ante testemuñas, facendo constar tal circunstancia no
parte de denuncia.
3. Cando as pezas estean
mortas ou non teñan posibilidades de sobrevivir, entregaranse a un centro
benéfico ou, no seu defecto, á alcaldía que corresponda, con idéntico fin, e
deberase xuntar ó oficio de denuncia o recibo de entrega.
Artigo 108º.-Comiso.
1. Sen prexuízo das
responsabilidades establecidas na Lei de pesca fluvial e neste regulamento,
poderán caer en comiso tódolos aparellos, artes, utensilios, instrumentos,
substancias e embarcacións empregados para a comisión dalgún dos feitos
tipificados como infraccións menos graves, graves ou moi graves.
2. Con carácter xeral, os
comisos depositaranse en dependencias da Consellería de Agricultura, Gandería e
Montes. No caso de que os referidos comisos resultasen de difícil conservación
ou mantemento, poderán permanecer en depósito en poder do seu propietario, a
disposición da Administración, quedando no seu poder a documentación que en
cada caso habilite para o seu uso.
3. De acordo coa resolución
do expediente sancionador, cando o uso dos obxectos comisados sexa declarado
ilícito serán
destruídos, e levantarase a
correspondente acta; se o uso fose declarado lícito, procederase á súa
devolución ou rescate. Transcorridos dous anos desde que a resolución adquira
firmeza sen que se produza a retirada ou rescate, procederase á cesión en poxa
pública dos obxectos comisados.
4. As contías económicas
obtidas pola cesión das artes, dos aparellos ou dos medios empregados de forma
ilícita serán destinadas pola Administración á mellora da riqueza piscícola.
Disposición
adicional única
No tramo internacional do
río Miño e nos tramos compartidos do río Eo e Navia, este regulamento será de
aplicación sempre e cando non contradiga as disposicións normativas de carácter
estatal ou internacional.
Disposicións
transitorias
Primeira.- As
licencias e permisos de pesca expedidos con anterioridade á entrada en vigor do
presente regulamento manterán a súa validez ata a fin do seu período de
caducidade.
Segunda.-
Mentres non sexan determinados os requisitos para a obtención da licencia da
clase D, expedirase a correspondente licencia das outras clases nas que se fará
constar a especie ou especies autorizadas e, de se-lo caso, as masas de auga
nas que se pode practica-la pesca.
Terceira.- Mentres non se determine o exame do
pescador, expediránselle-las licencias a aqueles solicitantes que cumpran os
demais requisitos para a súa obtención.
Cuarta.-
Establécese un prazo de seis meses, ampliable en supostos xustificados, contado
a partir da entrada en vigor deste regulamento, para a adaptación das
instalacións, dos instrumentos e doutros mecanismos ás disposicións que supoñan
unha innovación respecto da normativa anterior.
Quinta.- Os
coutos de pesca existentes no momento de entrada en vigor deste regulamento
manteranse vixentes, xunto coa súa normativa de pesca específica, mentres non
se elaboren os oportunos plans de xestión de recursos piscícolas.
Sexta.- Os
coutos de pesca que se atopen sometidos o réxime de consorcio cunha sociedade
colaboradora no momento da entrada en vigor deste regulamento, manterán este
estatus ata que se cumpra o prazo de extinción que o consorcio estableza,
momento no que, de se-lo caso, se procederá á convocatoria do concurso público
establecido neste regulamento.
Sétima.- O
título de sociedade colaboradora, regulado pola normativa anterior a este
regulamento, manterase vixente mentres non caduque o nomeamento, e mentres
tanto estas sociedades terán consideración de entidades colaboradoras, sen
prexuízo de que unha vez caducado o nomeamento deban de solicita-lo novo título
de acordo co disposto neste regulamento.
Disposición
derrogatoria única.- Quedan derrogadas todas aquelas disposicións de
igual ou inferior rango que se opoñan o presente regulamento e expresamente os
decretos 203/1983, do 10 de novembro e 166/1984, do 6 de setembro.