Decreto
282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réxime xurídico das
Licencias que habilitan para o exercicio da pesca nas augas de competencia da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Nos tramos fináis dos
ríos existe unha zona de influencia marina que permite a coexistencia de
especies específicas de cada unha das augas, ademáis doutras que, pola súa
condición de migradoras, pasan unha parte da súa existencia nunhas ou noutras
augas.
As zonas estuáricas con
frecuencia presentan os pescadores incertezas respecto das normas que resultan
de aplicación en cada caso, pois resulta nalgúns casos dificultoso determinalo
ámbito de eficacia das normas que regulan a pesca marítima e a fluvial.
Nestas zonas, nas que
se mesturan as augas continentais coas marinas, parece lóxico que sexa
necesaria unicamente a disposición dunha soa licencia, que habilita o exercicio
da pesca recreativa.
Por outra banda,
estímase que a pesca é unha actividade de grande interese social que reclama
unha especial promoción por parte dos poderes públicos e é por iso oportuno
arbitrar medidas que estimulen nos máis novos e nos maiores a práctica desta
actividade.
Por todo iso, e no uso
das facultades previstas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta
e do seu presidente, modificada pola Lei1Í/1988, do 20 de outubro, por
iniciativa dos conselleiros de Pesca e Asuntos Marítimos e de Medio Ambiente e
por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e
Administración Pública logo de deliberación do Consello da Xuntade Galicia na
súa reunión do día 6 de setembro de 2002.
Artigo 1°
O exercicio recreativo
da pesca * desde as beiras,
nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia
de pesca marítima ou fluvial, indistintamente.
Ambas licencias
habilitan, nestas zonas, para a pesca tanto das especies marítimas como das
fluviais non anádromas.
A pesca das especies
fluviais anádromas esixirá dispor da licencia de pesca fluvial, eos seus
correspondentes recargos.
Ñas zonas de
desembocadura non relacionadas no artigo anterior, o límite superior será o que
acaden as mareas vivas, e o inferior a
liña imaxinaria que une as puntas da embocadura en ámbalas marxes
Artigo 3°
Os horarios de pesca
serán os establecidos na normativa de pesca fluvial.
Artigo 4°
En canto as modalidades
e engados para a pesca serán os que resulten axeitados para cada especie, e que
non estean específicamente prohibidos poral gunha disposición legal.
As especificacións de cota de pezas para cada
especie serán as que se establezan en cada normativa específica.
Este decreto entrará en vigor os tres meses da súa
publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002

* CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Corrección
de erros.-Decreto 282/2002,do 6 de setembro, polo que se estableceo réxime
xurídico das licencias que habi-litanpara o exercicio da pesca nas augasde
competencia da Comunidade Autóno-made Galicia.
Advertido
erro no devandito decreto, publicado no DOGnº 192, do 4 de outubro de 2002,
cómpre face laseguinte corrección:
Na páxina 14.378,
no artigo 1, onde di: O exercicio recreativo da pesca desde as beiras, nas áreas de desembocadura que se relacionan no
anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial ,indistintamente
Debe decir
:O exercicio recreativo da pesca, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá
dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial, indistintamente».